UVigo. Sentenza do recurso contencioso administrativo presentado contra a RPT

O Xulgado do contencioso administrativo nº 1 de
Vigo ven de ditar sentenza sobre o recurso presentado por compañeiros e
compañeiras funcionarias da Universidade de Vigo contra a RESOLUCIÓN de
27 de outubro de 2016 pola que se acorda publicar a relación de postos
de traballo do persoal funcionario de administración e servizos (DOG del
7 de novembro). No recurso solicitábase que se declararase a nulidade de
pleno dereito da resolución impugnada , con todas as consecuencias
inherentes a tal circunstancia.
Na demanda sinalábase, entre outras cousas,
que:
Non houbera comunicación individual, feito que
privaba ao persoal afectado de interpoñer recurso.
Non se seguira o trámite de audiencia ao persoal
interesado directamente.
Non houbera informe previo, preceptivo, do órgano
de representación das traballadoras e traballadores.
Que se producira unha infracción do art. 119.2 dos
Estatutos, que establece que a supresión das prazas da RPT garantirá os
dereitos económicos e administrativos do persoal afectado.
Que se adscribe a funcionarios e funcionarias de
carreira a postos que non están no seu corpo ou escala incumprindo o
art. 42 da Lei 2/2015
Despois dunha serie de consideracións o
fallo sinala que:
“Que debo desestimar y desestimo el recurso
contencioso administrativo interpuesto por frente a la UNIVERSIDAD DE
VIGO, seguido como PROCESO ORDINARIO número 521/2016 ante este Juzgado,
contra el acto administrativo citado en el encabezamiento, que se
declara ajustado al ordenamiento jurídico.
Las costas procesales, hasta cuatrocientos euros
(más impuestos) el límite máximo de en concepto de honorarios del
Letrado de la Administración, se imponen a la parte actora.”