A Xunta de Persoal solidarízase coas compañeiras e compañeiros da xustiza en folga indefinida

Na reunión da Xunta de Persoal realizada o pasado
día 17, a Xunta de Persoal adoptou, por unanimidade, a decisión de
comunicarlles a nosa solidariedade e apoio aos compañeiros e compañeiras
da xustiza de Galiza en folga indefinida desde hai máis de dous meses
(75 días á publicación desta noticia).
As compañeiras e compañeiros da xustiza demostraron
unha capacidade de resistencia e sacrificio que os converten nun exemplo
para todos os traballadores e traballadoras.
Seguiremos a difundir as súas convocatorias e
animamos a todos os traballadores e traballadoras da Universidade a
participar activamente nas mobilizacións que se convoquen no camiño de
obrigar á Xunta de Galicia (PP) a aceptar as xustas reivindicacións dun
sector que, a pesar dos reiterados intentos do sr. Rueda en dividir,
permanece tan unido como o primeiro día.