Deteñen a activista tinerfeño por escribir en facebook "os borbóns ás quenllas"

Segundo informou hoxe o xornal tinerfeño
"Diario
de Avisos", a Policía Nacional procedeu á detención dun
mozo activista pro saharauí en Tenerife, como presunto autor dun
"delito de odio e inxurias graves contra a coroa", de acordo coa
información de fontes do propio Corpo Nacional da Policía.
Roberto Mesa, un activista vinculado a
outros movementos sociais, foi detido a primeira hora deste
mércores na súa casa de "Barrio Nuevo ", no municipio
La
Laguna, sendo trasladado á Comisaría de Policía Nacional de Tres
de Mayo. Ante o edificio da comisaría tivo lugar unha
concentración de apoio ao detido.
Segundo o xornal tinerfeño citado, a detención
produciuse por mor dunha causa aberta polo Xulgado de Instrución
Número 5, de Santa Cruz de Tenerife, por unha
investigación
“de alta complexidade” (sic) por distintos delitos que está
declarada como secreta, segundo fontes do
Tribunal
Superior de Xustiza de Canarias (TSJC).
Mesa está acusado dun presunto
"delito de
odio e inxurias" por comentarios vertidos na súa conta de
Facebook , onde escribiu con motivo da visita á illa do rei Felipe VI
“Os borbóns ás quenllas”, ou “cágome na monarquía, no rei e
en todos os seus corpos represivos”.
Alicia Mújica, avogada do
detido, relatou aos medios de comunicación que os axentes chegaron
ás 08.00 horas á vivenda do seu defendido, levantaron da cama
aos inquilinos e detiveron a Roberto Mesa e requisaron o seu equipo
informático.
Roberto Mesa, de acordo coa información de lDiario
de Avisos, comentou que está “tranquilo”
pero “preocupado”, xa que o seu caso “é unha
novidade” dentro da análise do dereito da liberdade de
expresión e os seus límites.
A letrada precisou que
"a causa declarouse
secreta" e que Mesa pasará mañá venres a disposición
xudicial, xa que durante toda a xornada os servizos policiais
dedicaranse a analizar os equipos informáticos.
A súa irmá asegurou que a detención “non é
casualidade”, porque Roberto estivo relacionado
con moitas causas sociais en Canarias e en España. “Non é
casualidade que nos queiran calar a voz, non imos permitir que nos vaian
a encarcerar e dar medo por dicir o que pensamos”- concluíu a nota
xornalística do rotativo tinerfeño
Canarias Semanal