Reunión Xerencia-Xunta de PAS do 17/04/2018

O pasado día 17, a Xunta de Persoal, realizou
varias reunións. Ás 9 da mañá, tivemos a primeira delas na que
preparamos a reunión posterior convocada pola Xerencia e, unha vez
rematada a reunión co xerente, a Xunta de Persoal reuniuse, de novo,
para transmitir, por escrito, as decisións adoptadas polo órgano de
representación, sobre os puntos que conformaban a orde do día da
convocatoria.
Parécenos que o escrito remitido á Xerencia
resume perfectamente o que foi a reunión na que, a parte de certas
deliberacións, non se comunicou, por parte do xerente, ningunha decisión
firme sobre ningún dos puntos que formaban parte da orde do día, é máis
en moitas dos debates o xerente coincidía coas apreciacións presentadas
pola Xunta de Persoal.
No escrito sinálanse as decisións
adoptadas por unanimidade:
·
Instar á Xerencia para que á maior brevidade se nos presente a proposta
de Oferta de Emprego Público (OEP) do ano 2018, entendemos que o prazo
dunha semana debería ser suficiente.
·
Instar a que se actúe coa suficiente celeridade para que a OEP do ano
2018 se poida acumular ás de 2015, 2016 e 2017.
·
Instar a realización tanto das convocatorias como dos temarios
correspondentes ás Ofertas de Emprego Público acumuladas.
·
Que na comunicación á Consellería de Facenda da Oferta de Emprego
Público do ano 2018, se engada a modificación do grupo de adscrición das
prazas da subescala Auxiliar de servizos da OEP de 2015 incluíndo o
orzamento necesario para a nova clasificación ao grupo C2 das prazas que
aparecen como E-AP.
·
Rexeitar o cambio das bases do concurso de méritos para o persoal do
Servizo de informática e comunicacións, por considerar que deben ser as
mesmas que rexeron para o resto de persoal. Significar que no acordo
asinado co reitor no ano 2015 establecíase unha cronoloxía que comezaba
co concurso de méritos para posteriormente levar a efecto o establecido
nas Ofertas de Emprego Público.
·
Reiterar o xa comunicado á Xerencia mediante escrito remitido o día 3 de
abril:
o Que a RPT non
contemple, como xeito de provisión, o concurso específico en ningunha
praza.
o Que nas bases
dos concursos se contemple fase específica para todos os postos de nivel
25 ou superior.
o Que se poñan
todos os medios necesarios para que esta proposta da Xunta de Persoal se
poña a consideración de todas/os os/as traballadoras/es mediante voto
electrónico.
Lembrarlle, unha vez máis, a decisión
maioritaria da Xunta de Persoal pola que se insta a que as prazas
que se contemplen nas Ofertas de Emprego Público destinadas a ser
ofertadas en quenda libre sexan de postos base exclusivamente.
Até aquí o escrito remitido á Xerencia.
No debate sobre as prazas a computar na
Oferta de Emprego Público sinalouse a pertinencia de
que aparecese a nº 316. Para maior información ao respecto sinalamos
as prazas contempladas na taxa de reposición da OEP de 2017
Neste aspecto estamos especialmente vixiantes
debido ás circunstancias que derivaron en que en anteriores OEP non se
computaran todas as prazas da taxa de reposición, demostrando, pola nosa
parte que na OEP de 2015 non se tiveron en conta as prazas:
359 Xef. neg. atenc.
e promoc. do estudan. Incapacidade
permanente Serv. Estudantes
700 Bibliotecario/a
excedencia
Fac. Informática
137 Aux. servizos
excedencia
CUR
Na de 2016:
073 Posto base
excedencia Xes. Financeira
Reitoría
Na de 2017, que corresponde coa taxa de
reposición de 2016, a universidade, debido á situación de indefinición
da praza 316 non a aceptou como vacante, agora mesmo, está claramente
nesa situación, corresponde polo tanto engadila.
Houbo, tamén, debate sobre as prazas que
deben saír a promoción e as que se convocan a quenda libre.
Reafirmámonos na nosa posición de sempre:
O artigo 93, punto 3,
sinala:
3. A provisión de postos de xefatura ou nivel
superior ao básico do corpo ou escala realizarase mediante un concurso
de méritos entre o persoal funcionario da Universidade ou,
excepcionalmente, mediante libre designación con convocatoria pública
naquelas prazas que así se recollan na relación de postos de traballo.
No Artigo 94 establécese
As prazas vacantes adscritas a funcionarios
proveranse de acordo coa lexislación vixente, convocándose anualmente a
concurso as vacantes da relación de postos de traballo. A Universidade
facilitará, en todo caso, a promoción interna dos funcionarios.
Seguiremos informando