Non á guerra imperialista contra o pobo sirio

As hordas criminais de USA, Reino Unido e Francia
acaban de perpetrar un novo ataque co que dan en chamar mísil
intelixente contra o territorio sirio e a súa poboación. Atrás quedan
sete anos de guerra xenocida contra este país árabe, polo delicto de
non dobregarse fronte o mandato imperialista.
Nesta ocasión a coartada da coalición
imperialista é o presunto uso de armas químicas por parte do Goberno
de Damasco, unha falacia fabricada como foi no pasado un pretexto
semellante para destruír Irak e Libia.
As verdadeiras razóns desta agresión militar son
outras. Se no caso iraquí e libio foi apoderarse dos seus inmensos
recursos enerxéticos de crudo e gas, no caso que nos ocupa hoxe en
Siria, máis que os seus recursos, é a proposta antiimperialista do
seu goberno e a súa posición xeoestratéxica no complexo contencioso
de control de Oriente Medio por parte dos invasores.
Desde a CUT condenamos a agresión xenocida de
USA, Reino Unido e Francia porque se trata dun acto que viola o
Dereito Internacional e a Carta da ONU. Tratando de boicotear os grandes
avances no proceso de diálogo en pro da Paz para este pobo. O
imperialismo non pode recoñecer a súa derrota despois da inversión de
inxentes recursos nesta guerra.
Desde a CUT tamén condenamos a posición cómplice
do Goberno do PP, e dos demais partidos do Réxime, permitindo
incluso a utilización de bases militares no territorio do estado Español
para desenvolver as actuacións terroristas denunciadas.
A CUT chama á clase traballadora de Galicia para
mobilizarse fronte á Guerra e en solidariedade con Siria.