A Mesa presentará unha proposición non de lei de medidas de normalización lingüística no sector audiovisual

O 14 de abril tivo lugar en Santiago de Compostela
a asemblea xeral da Mesa pola Normalización Lingüística. Nela
aprobáronse a liña de actividades para este ano 2018.
Na asemblea avaliouse tamén o traballo desenvolvido
durante o último ano e aprobouse a liña de actividades para 2018 que
irán orientadas a dar unha resposta social máis ampla e efectiva ao
coñecemento da realidade sobre a que hai que actuar.
A asemblea xeral da Mesa aprobou impulsar o
Observatorio de Dereitos Lingüísticos e o proxecto Abertos ao Galego.
O Observatorio de Dereitos Lingüísticos ademais do asesoramento xurídico
elaborará informes sobre a situación do galego en diversos ámbitos.
Abertos ao Galego incidirá na visibilización e promoción do crecente
compromiso empresarial co idioma.
Ademais destes dous proxectos principais, a Mesa
pola Normalización Lingüística presentará este ano unha
proposición non de lei no Parlamento de medidas de normalización
lingüística no sector audiovisual.
Estas actividades pretenden dar un impulso á
actividade xeral da Mesa e á súa capacidade de actuación fronte ás
agresións continuas ao dereito básico de utilización do galego. Neste
sentido, o presidente da Mesa, Marcos Maceira, sinalou que “fronte a
unha Xunta que abdica da súas obrigas coa lingua, hai unha enorme
vontade popular de reposición e normalización”.
A responsabilidade da Mesa é que esa vontade se
transforme en realidade. Maceira sinalou que “por iso temos a obriga de
mellorar o noso traballo a prol da lingua. Un traballo que é posíbel
grazas aos socios e socias que garanten a estabilidade económica e a
independencia da Mesa e fan que sexa a asociación cívica máis grande de
Galiza”.
A Mesa apoia a saída de O Diario Galego pois a
existencia dun xornal diario en papel en galego.
A Mesa pola Normalización Lingüística