Impresentables!!

Despois de 71 días de folga indefinida na xustiza
Galega criamos que o grao de soberbia, prepotencia e chulería da Xunta
de Galicia non podía ser maior. Ao longo das 8 horas de negociación a
Xunta fixo dúas ofertas económicas.
A primeira oferta:
- Forenses- 135 €; Xestores- 135 €;
Tramitadores-113.42 €; Auxilios Xudicias-110 €
- Estas cantidades pagaríanse a 3 anualidades
(sen concretar as porcentaxes por ano).
- Cláusula de revisión (sen
concretar e non garante o posto nin as cantidades)
- As cantidades para o ano 2018
non sería dende o 1 de xaneiro, senón ao firmar o posible
acordo.
A Contra proposta do Comité
foi de:
- 170€ lineais a pagar en 2 anualidades (60%
primeiro ano e 40% o segundo)
- Cláusula de revisión (que permita
non só manter o cuarto posto senón que ademais permita unha
actualización coa CC. AA que estea no terceiro lugar)
Sobre as 15:00 horas, a
Xunta presentou unha nova proposta:
- M. Forenses 140 €; Xestores 135 €; Tramitadores
127 €; Auxilios 122 €
- Estás cantidades serían en 3 anualidades
(primeiro ano 50%, segundo ano 30% e terceiro ano 20%)
- Unha cláusula de revisión
(habería que optar entre posición na táboa ou a Medía)
- Plan de recuperación con
participación de Fiscalía e TSXG (neste plan centos de traballadores
quedarían fora)
- Non aceptan que
os días de folga desta nómina non se desconten,
só aceptan prorratearlos ao longo do ano.
Co fin de manter a unidade de acción
entre todos os Sindicatos, acordamos unha proposta
de peche para negociar nese mesmo instante
para levar ás asembleas de todo Galicia. A proposta xa non está
encima da mesa, xa que o Comité, antes de presentala avisou á Xunta que
a vixencia da mesma era o día de hoxe.
- Unha cantidade lineal de 140€-
- 2018 - 60% 84 €; 2019 - 20% 28 €; 2020 - 20% 28
€
- Plan de recuperación, sen
participación do TSXG e Fiscalía onde todo o persoal que fixera folga
pudera participar e recuperar o 80% dos descontos.
- Cláusula de revisión. Que
permita sempre que Galicia quede no 4 posto e que cada ano que pase
esteamos máis preto do terceiro.
Tras explicar a proposta a Xunta dá por
rotas as negociacións e o Comité infórmalle que a ultima
oferta retirámola da Mesa. Ante a nova ruptura das negociacións por
parte da Xunta de Galicia os traballadores da Xustiza galega
debemos recrudecer as medidas de presión e facer aínda
mais visible o conflito da xustiza entre a cidadanía. Pola súa banda
facemos un chamamento aos colectivos (avogados,
procuradores, perítos...) afectados de maneira directa polo conflito a
que, en vez de queixarse nos medios de comunicación, participen de
maneira activa na Mesa de operadores xurídicos que imos
constituír nos próximos días. A súa non participación faraos
complices do Goberno da Xunta de Galicia
Funcionarios de xustiza ven como unha
"rabecha" o posicionamento de Rueda
Funcionarios de xustiza secundaron este
venres unha nova protesta na cidade da Coruña, onde se concentraron ante
a antiga Audiencia Provincial coa lema 'Non a discriminación laboral na
xustiza galega'.
Durante a concentración, un dos portavoces do
comité de folga nesta cidade, Sergio Riveiros, tachou de
"rabecha" o posicionamento do vicepresidente da Xunta e
conselleiro de Xustiza, Alfonso Rueda, despois de romper as
negociacións, e instou ao Goberno galego a retomar o diálogo.
"Negociar, negociar e negociar, non hai máis
camiño", dixo ao ser preguntado que se pode facer agora após romper as
negociacións coa Xunta. Por outra banda, volveu a negar a
existencia dun "preacordo" co vicepresidente da Xunta. Respecto
diso, diferenciou entre "conservacións" e a existencia dun documento
desta índole.
Mentres, advertiu á Xunta de que é
"perigoso" buscar "arrinconar aos inimigos", pero tamén
considerou que o é "pechar un conflito en falso", engadiu ao defender o
posicionamento sindical. "Non sei que sociedade pode vivir dous meses e
medio sen xustiza", preguntouse tamén culpando á Administración
autonómica da paralización da xustiza.
Galicia Confidencial