Día 26 de abril, reunións do Consello de Goberno e Consello Social

O día 26 realizaranse reunións, pola mañá do
Consello de Goberno e, pola tarde do Consello Social. Na data de
realización do PASquín non recibiramos documentación de ningunha das
reunións.
A orde do día do Consello de Goberno é
imprevisíbel, non así a do Consello Social na que deberían figurar as
modificacións da RPT, xa co visto bo da Consellería de
Facenda, aprobadas na reunión do Consello de
Goberno do día 3 de abril e que permitirían a toma de posesión das
compañeiras e compañeiros que superaron a fase de promoción ao grupo A2
da escala xeral.
Lembrámosvos que, unha vez aprobada a modificación
polo Consello Social, enviarase ao DOG, esta circunstancia suporá que a
toma de posesión se realizará, se todo vai como debe, a mediados do mes
de maio.