As vosas colaboracións. Cartas que recibimos

Agradecemos as vosas colaboracións. Se non nos implicamos tod@s, fracasaremos
Grupo de traballo de conciliación e acción
social
Ola. Son unha das, seguro que múltiples
funcionarias, interesadas no resultado das propostas que se discuten
nese grupo de traballo de conciliación e acción social. Informades de
todo o demais, pero sobre este capítulo hai un mutismo absoluto. As
persoas que, coma min, estamos interesadas en certos aspectos desta
negociación temos, en moitos casos, un interese condicionado polo tempo.
Ben se puidera dar a situación de que cando rematedes as negociacións xa
non nos afecten os resultados. Cando menos informade de como van as
cousas.