Vista do recurso do concurso de traslados. Un novo retraso

A asesoría xurídica de CCOO ven de comunicar un
novo retraso na vista do recurso contencioso que interpuxemos ao non se
contemplar no concurso de traslados que ven de rematar as prazas do
Servizo de informática e comunicacións. A nova vista adíase ao día 6 de
xuño ás 10 h. no Xulgado do Contencioso
Administrativo nº2.
Soubemos, desde o primeiro momento, que o feito de
que se obviasen as 7 prazas deste servizo que correspondía que se
contemplasen no concurso, debíase a que o sr. reitor quería un
procedemento específico para a provisión dalgún posto, feito que se
constata coa proposta de convocatoria remitida á Xunta de Persoal.
A proposta é inaceptable. Para nós esta
convocatoria de concurso de méritos é unha prolongación da anterior
debe, polo tanto, ter as mesmas bases.