• Número 390
  • 16 de abril de 2018

Represión

A Audiencia española ordena o ingreso en prisión de Valtònyc dentro de trinta días

Condenárono a tres anos e medio de prisión acusado de calumniar e inxuriar de maneira grave a coroa española e enxalzar o terrorismo nas súas cancións

A Audiencia española ditou unha providencia na que deixa trinta días a Josep Miquel Arenas, ‘Valtònyc’, para que consiga unha suspensión da condena polo Tribunal Constitucional español. Pola contra, deberá ingresar en prisión. Valtònyc foi condenado a tres anos e medio de prisión acusado de calumniar e inxuriar de maneira grave a coroa española e enxalzar o terrorismo nas súas cancións.

A defensa de Valtònyc pedira á Audiencia, tribunal que o condenou, a suspensión da pena, pero contestoulle que esta decisión é competencia do Tribunal Constitucional.

Unha vez confirmada a decisión da Audiencia, Valtonyc escribiu que a xustiza en España é moi rápida cando se trata dos pobres. ‘De mil catrocentos políticos imputados por corrupción sequera setenta están en prisión. Temos a policía oito horas ao día revisando chios e cancións e aínda non sabe quen é M. Rajoy. ‘

O motivo das acusacións era a canción ‘Non ao Borbón’. Segundo a acusación, a canción atenta contra a monarquía española e demostra apoio a ETA e os GRAPO. Podes escoitala aquí:

Kaos en la red