• Número 390
  • 16 de abril de 2018

Universidade

Concurso de traslados e nova reunión coa Xerencia o día 17

16 de abril de 2018 | Se a pasada semana, o DOG do xoves día 12, publicaba a  RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2018 pola que se fai pública a adxudicación definitiva de postos, unha vez resolto o concurso de méritos para a provisión de diversos postos de traballo correspondentes ao persoal funcionario de administración e servizos, convocado por Resolución de 3 de abril de 2017. Para esta semana, en concreto o martes día 17, a Xerencia convoca unha reunión coa Xunta de Persoal. Na orde do día, trataranse temas de gran importancia que van desde a modificación da RPT para establecer a forma de provisión dalgunhas prazas, a proposta de Oferta de Emprego Público para o ano 2018, até a convocatoria do concurso de traslados no Servizo de informática e comunicacións, convocatoria que, como sabedes, recorremos por que se desvinculou do concurso xeral que acaba de concluír.

Universidade

Vista do recurso do concurso de traslados. Un novo retraso

16 de abril de 2018 | A asesoría xurídica de CCOO ven de comunicar un novo retraso na vista do recurso contencioso que interpuxemos ao non se contemplar no concurso de traslados que ven de rematar as prazas do Servizo de informática e comunicacións. A nova vista adíase ao día 6 de xuño ás 10 h. no Xulgado do Contencioso Administrativo nº2.

Universidade

APA abrirá o seu local no CUR este luns de 18 a 20 horas

16 de abril de 2018 | Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 18 até as 20 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

CUT - Alternativas na Xustiza

Representantes sindicais expulsados da Xunta de Galicia

16 de abril de 2018 | Esta mañá os representantes das forzas sindicais que integran o comité de folga da Xustiza, tentaron entrar nas instalacións de San Caetano para que lles explicasen a oferta de 300 euros que o Goberno autonómico estivo anunciando.

CUT - Alternativas na Xustiza

Folga na Xustiza. Nin un paso atrás!!

16 de abril de 2018 | Cunha concentración ás portas da sede central da Xunta en Santiago, os sindicatos mandaron ao Goberno galego e ao conselleiro responsable da área xudicial, Alfonso Rueda, a mensaxe de que os funcionarios están dispostos a "non dar marcha atrás" e continuar coa súa folga indefinida mentres non haxa un acordo "xusto".

Galiza Contrainfo

#FolgaXustiza (VÍDEO)

16 de abril de 2018 | Desde Galiza Contrainfo presentamos unha nova reportaxe de urxencia, para darlle voz as traballadoras da xustiza galega, que levan máis de dous meses de loita, cun goberno autonómico inoperante que fai oídos xordos ás súas demandas.

CUT . limpeza USC

Non á privatización da limpeza da USC

16 de abril de 2018 | É o momento de recuperar o que nunca nos deberon roubar e imos dar esa batalla. Non ás subcontratas nos servizos públicos. Non á privatización dos servizos básicos esenciais. Recuperemos a xestión pública da limpeza.

A cloaca universitaria. QUE UNIVERSIDADE QUEREMOS?

O caso Cifuentes cuestiona toda a estrutura da caste universitaria

16 de abril de 2018 | Desde Revoluciona A túa Universidade entendemos que o “Caso Cifuentes” non é unha excepción, senón unha expresión do escuro funcionamento do sistema universitario. Defendemos esta postura na Xunta de Facultade.

Coidados

“Estou cansa”: carta dunha auxiliar de Xeriatría

16 de abril de 2018 | Levo 23 anos na profesión de Xeriatría, son unha auxiliar de Clínica máis, desas que empezaron cando nin tiñamos guindastres e todo era forza bruta, nin tiñamos xabonosas e máis…, cando administrabamos desde medicación básica, ata intramusculares, mesmo facer curas, desbridar ulceras, colocar sondas.

Sanidade pública

CESM-O'Mega acusan ao Conselleiro de Sanidade de disfrazar as cifras sobre o CHUS

16 de abril de 2018 | Despois da intervención do Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, ante o Parlamento de Galicia sobre o funcionamento do servizo de urxencia do CHUS, a coalición CESM-O'Mega fixo público un comunicado en resposta ás cifras achegadas polo popular.

Sanidade pública

Xinecoloxía do Chuac mantén a folga do 16 de abril tras "tres reunións sen acordo"

16 de abril de 2018 | Despois de tres reunións coa dirección da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) da Coruña, o comité de folga do Servizo de Obstetricia e Xinecoloxía do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac) mantén a folga convocada do 16 ao 21 de abril.

CUT - Secretaría das Mulleres

Vitoria feminista ante o maltrato no traballo do fogar

16 de abril de 2018 | Os 25 días de loita contra o maltrato e racismo laboral cara unha compañeira traballadora do fogar en Compostela rematan cunha victoria feminista e sindical.

Represión

Boro: “Se vou ao cárcere será polas miñas ideas políticas, así que irei coa cabeza ben alta”

16 de abril de 2018 | O próximo 16 de abril, Boro, xornalista de La Haine, será xulgado por supostas lesións e atentado á autoridade durante as protestas de Xaque á Monarquía, en abril de 2014.

Represión

A maioría dos sindicatos de Navarra piden que se retire a cualificación de terrorismo para os mozos de Altsasu

16 de abril de 2018 | CCOO, CGT, ELA, EHNE, ESK, LAB, Hiru e Steilas, en Navarra solicitaron nunha declaración conxunta “a eliminación da cualificación penal como delito de terrorismo” para @s oito imputad@s pola pelexa con dous gardas civís e as súas parellas o 15 de outubro de 2016 en Altsasu.

Non á mina de Touro

Festival contra a mina de Touro

16 de abril de 2018 | Os veciños de Touro seguen mobilizándose contra a mina que Atalaya Minning pretende reabrir. Nesta ocasión a protesta terá carácter festivo, a través dun festival previsto para o 5 de maio. Por outra banda, haberá unha charla informativa nos próximos días mentres novos concellos seguen pronunciándose en contra do polémico proxecto.

Sindicato Labrego Galego

22 de abril: Manifestación en Compostela en defensa do monte veciñal e un plan forestal para un medio rural vivo

16 de abril de 2018 | O 22 de abril haberá unha manifestación en Compostela convocada pola Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) e apoiada, ademais de polo Sindicato Labrego Galego, por Fruga, CIG, Atrifoga, Asociación pola Defensa da Ría e Adega.

Verdegaia

As brigadas deseucaliptizadoras bótanse ao monte

16 de abril de 2018 | Hai uns días recibíamos a boa nova de que a candidatura presentada conxuntamente pola Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins, a Comunidade do Monte Veciñal de Froxán e Verdegaia ao programa de axudas a proxectos de conservación da EOCA de axudas e proxectos de conservación resultaba ganadora na categoría de forestal.

19 de abril, folga estudantil

Este 19 de abril saímos ás rúas por unha Lei Galega de Educación!

16 de abril de 2018 | Desde Erguer. Estudantes da Galiza lanzamos esta mañá a convocatoria dunha folga estudantil, tanto en ensino medio como superior, para o vindeiro xoves 19 de abril. Presentamos a convocatoria nesta data xunto con outros axentes estudantís, e desde Erguer facémolo de novo baixo o lema “Nin LOMCE nin pacto entre elites, por unha Lei Galega de Educación!”.

Lingua

Os funcionarios das comunidades con lingua propia teñen que coñecela para exercer o seu traballo

16 de abril de 2018 | Así se puxo de manifesto nunha xuntanza dos responsables lingüísticos das autonomías con outra lingua oficial diferente ao castelán. "As linguas están inmersas moitas veces en debates interesados que queren anular o seu valor e reducir o seu potencial", di a conselleira navarra de Relacións Cidadás e Institucionais, Ana Ollo.

Loita obreira

Xornaleiros andaluces ocupan e defenden unha leira propiedade do BBVA (vídeo)

16 de abril de 2018 | Decenas de xornaleiros e xornaleiras do Sindicato Andaluz de Traballadores (SAT) están a loitar para evitar o desaloxo dunha leira agraria en Xaén, ocupada hai un ano.

Represión

A Audiencia española ordena o ingreso en prisión de Valtònyc dentro de trinta días

16 de abril de 2018 | Condenárono a tres anos e medio de prisión acusado de calumniar e inxuriar de maneira grave a coroa española e enxalzar o terrorismo nas súas cancións..

Opinión - Armas de la Crítica, Pan y Rosas Madrid

Abaixo Cifuentes, o reitor da URJC e a caste universitaria! Folga xeral estudantil!

16 de abril de 2018 | A estas alturas, que a Cifuentes lle regalaron un Mestrado na Universidade Rey Juan Carlos (URJC) sen asistir a clase, aprobado materias, defendido a súa TFM e con acta falsificada polo medio, é un feito máis que probado.

Pensións dignas!!!

Videos