• Número 390
  • 16 de abril de 2018

Galiza Contrainfo

#FolgaXustiza (VÍDEO)

Desde Galiza Contrainfo presentamos unha nova reportaxe de urxencia, para darlle voz as traballadoras da xustiza galega

Desde Galiza Contrainfo presentamos unha nova reportaxe de urxencia, para darlle voz as traballadoras da xustiza galega, que levan máis de dous meses de loita, cun goberno autonómico inoperante que fai oídos xordos ás súas demandas.

Falamos con membros do comité de folga, Pablo Valeiras de Alternativas na Xustiza-CUT e Óscar Freixedo da CIG-Xustiza, e cunha traballadora en folga desde Ourense, Chus García, para coñecer as causas do conflito, as reivindicacións en xogo e romper o silenciamento e a manipulación mediática que están a padecer.

https://youtu.be/ysnGZpzKoQY