Folga na Xustiza. Nin un paso atrás!!

Cunha concentración ás portas da sede central da
Xunta en Santiago, os sindicatos mandaron ao Goberno galego e ao
conselleiro responsable da área xudicial, Alfonso Rueda, a mensaxe de
que os funcionarios están dispostos a "non dar marcha atrás" e continuar
coa súa folga indefinida mentres non haxa un acordo "xusto".
Con presenza policial, os funcionarios
lucían as sùas xa coñecidas camisetas azuis contra a "discriminación",
entoaron consignas como "aínda que chova ou aínda que neve, a xustiza
non se vende", e portaban carteis cunha mensaxe para Rueda: "Abre a
porta, imos asinar os 300 euros".
Con todo, cando o Executivo fala
dunha subida do 14% realmente alude ao incremento do complemento
autonómico transitorio que ofrecería aos traballadores de xustiza sumado
á subida pactada en Madrid para todos os empregados públicos. Para
aclarar estes termos da oferta da Xunta, o comité de folga pediu para
hoxe unha reunión coa Xunta, á que o Goberno galego non acudirá ao
entender que o comité de folga non ten ningunha vontade real de
negociar.
A folga xudicial enquistase e a mediación faise
imposible
Ligazón á noticia - Atlántico Diario
Os funcionarios de Xustiza avisan de que non darán
nin un paso atrás nas súas demandas
Ligazón á noticia - Faro de Vigo
O fiscal García Ortiz acusa á Xunta de facer
"guerra de desgaste" ante a folga en Xustiza
Ligazón á noticia - La Opinión Coruña
A Xunta négase a reunirse cos sindicatos para
explicar a súa oferta de "suba de 300 euros"
Ligazón á noticia - Galicia Confidencial
A Xunta non irá á reunión de xustiza ao entender
que non queren negociar