Xinecoloxía do Chuac mantén a folga do 16 de abril tras "tres reunións sen acordo"

Despois de tres reunións coa dirección da Estrutura
Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) da Coruña, o comité de folga do
Servizo de Obstetricia e Xinecoloxía do Complexo Hospitalario
Universitario A Coruña (Chuac) mantén a folga convocada
do 16 ao 21 de abril.
Segundo explicou o comité nun comunicado, non se
puido chegar a un acordo "que poña fin á convocatoria de folga" nos
encontros, aínda que se mostra aberto á negociación.
Dos motivos do paro, explica que "a
principal reivindicación, que era a dotación dun terceiro facultativo de
garda de presenza física, a fin de equipararnos ao Complexo
Universitario de Santiago (CHUS) e ao de Vigo (Chuvi), non foi aceptada"
e engade que se lles expuxo unha alternativa "intermedia", que
rexeitaron
"DESEQUILIBRIO" NOS RECURSOS
No
seu comunicado, afirman que "non é de recibo" que o Sergas "consinta ese
desequilibrio nos recursos asignados á asistencia, de
modo que un hospital que atende a bastante menos poboación que o da
Coruña, como é Santiago, teña tres facultativos especialistas dedicados
á atención urxente das mulleres, e na Coruña só dúas".
"Non é xa que sexa un agravio comparativo, senón
que supón unha infradotación de persoal na Coruña que impide atender
correctamente á poboación en situación en ocasións en que periga a saúde
non dunha senón dúas persoas (a nai e o fillo que porta), como así veu a
consideralo a propia Sociedade Galega de Obstetricia e Xinecoloxía".
Con todo, móstranse dispostos a seguir negociando,
aínda que piden xa desculpas polos "contratempos" que poidan derivarse
da súa protesta, apoiada por 31 dos 40 médicos que compoñen o servizo.
GaliciaPress
Última hora
Desconvocada a folga de xinecólogos do Chuac da próxima semana