• Número 390
  • 16 de abril de 2018

CUT - Alternativas na Xustiza

Representantes sindicais expulsados da Xunta de Galicia

A loita continúa

O comité de folga convocara aos negociadores da administración autonómica para que lles explicaran a suposta suba de 300 euros no salario dos funcionarios da Xustiza. Dita suba foi anunciada desde o Goberno galego polo seu vicepresidente, Alfonso Rueda.

Ás once da mañá deste venres 13 de abril, as persoas que conforman o comité de folga achegáronse ás instalacións no edificio de San Caetano, sede do Goberno da Xunta, para pedir información e explicacións sobre o anunciado aumento salarial. Non obstante, ningún membro da contraparte negociadora por parte da Administración galega se presentou para recibilos nin anunciarlles ningún punto sobre a presunta suba salarial.

As únicas persoas que puideron acceder ao recinto administrativo foron representantes de Alternativas na Xustiza-CUT. Inmediatamente foron expulsados das instalacións pola Policía autonómica. O resto de membros do comité non puido acceder a San Caetano.

Desde Alternativas na Xustiza-CUT (ANX-CUT), consideran que a non comparecencia e expulsión de representantes dos traballadores da Xustiza forma parte da “guerra de desgaste” para “deslexitimar aos funcionarias da Xustiza, facendo referencia ás palabras do fiscal delegado de Medio Ambiente, García Ortiz.

Tamén desde a mesma central sindical ven que estas manobras forman parte das tácticas para as loitas internas do PP na sucesión de Mariano Rajoy, en beneficio de Alberto Núñez Feijoo.

Galicia Confidencial

A Noticia en Galiza Contrainfo

A Xunta e Alfonso Rueda non compareceron hoxe venres 13 de abril na xuntanza convocada polo Comité de #FolgaXustiza e ademais expulsa do Edificio de San Caetano as persoas que ian asistir a esta reunión en representación das traballadoras/es.

Prepotencia e bloqueo, até cando?

Que se coñeza a versión das traballadoras e traballadores da Xustiza:

“A empresa é del (Alfonso Rueda), del é a man que ten que xestionar a empresa, que está nomeado para iso, e non hai dor. Trátanos aos traballadores como se foramos máquinas. Non nos recibe, non quere falar con nós. A xente que manda dinos que se non estamos contentos na nosa comunidade que marchemos.
Detrás do traballo hai seres humanos, detrás do traballo hai pel, a xente chora, a xente ri. Non somos máquinas, só contando con números cuantificábeis. Somos os seus traballadores, e se ve que tal que poña ordenadores só”.

Rachemos o silenciamento dos grandes medios, todo o noso apoio.

https://youtu.be/ysnGZpzKoQY