Reunión da Xunta de Persoal do día 03/04/2018

Como vos anunciamos no
anterior PASquín, o pasado día 3 de abril, realizouse unha nova
reunión da Xunta de Persoal. O eixo da reunión constituíuno a toma de
decisión sobre a proposta realizada pola Xerencia o día 26 e da que
tamén vos demos conta.
Tomouse a decisión de remitir á Xerencia os
seguintes acordos:
· Por decisión unánime acórdase solicitar que, por escrito, se nos envíe a
proposta de modificación da RPT, no que se refire ao xeito de provisión,
realizada o día 26 de marzo de 2018
· Por acordo unánime proponse:
o Que a RPT non
contemple, como xeito de provisión, o concurso específico en ningunha
praza.
o Que nas bases
dos concursos se contemple fase específica para todos os postos de nivel
25 ou superior en todas as escalas.
o Que se poñan
todos os medios necesarios para que esta proposta da Xunta de Persoal se
poña a consideración de todas/os os/as traballadoras/es mediante voto
electrónico.
· Por acordo unánime requírese da Xerencia que presente de xeito inmediato
a Oferta de Emprego Público do ano 2018 para acumularse ás dos anos
2015, 2016 e 2017.
· Por unanimidade acórdase requirir á Xerencia que presente as
convocatorias das probas correspondentes á Ofertas de Emprego Público
dos anos 2015, 2016 e 2017 coa finalidade de non superar os prazos
legais para a súa execución que finalizan en novembro de 2018.
· Que os puntos xa debatidos, no Grupo de Traballo de Conciliación e
Acción Social, se trasladen á Xunta de Persoal para a súa análise e
posterior toma de decisión.
· Actualización da lista de agarda de mobilidade.
A decisión unánime é que, de haber modificacións,
no xeito de provisión de prazas debe ser sempre afectando a todas as
escalas por igual.
Agardamos a resposta da Xerencia.