• Número 389
  • 09 de abril de 2018

Universidade

Reunión da Xunta de Persoal do día 03/04/2018

09 de abril de 2018 | Como vos anunciamos no anterior PASquín, o pasado día 3 de abril, realizouse unha nova reunión da Xunta de Persoal. O eixo da reunión constituíuno a toma de decisión sobre a proposta realizada pola Xerencia o día 26 e da que tamén vos demos conta.

Universidade

Reunión do Consello de Goberno do día 3 de abril

09 de abril de 2018 | O día 3 de abril, coincidindo coa reunión da Xunta de Persoal, motivo polo que a representación do PAS non puido estar presente, realizouse unha nova reunión do Consello de Goberno na que se aprobaron as modificacións da RPT que se presentaron. Poru unha parte, a adaptación da RPT consecuencia da promoción interna á escala de xestión da udc- subgrupo A2 e, por outra parte, a modificación da RPT para adaptar a denominación dalgúns postos de traballo á estrutura orgánica.

Universidade

APA abrirá o seu local no CUR este luns de 18 a 20 horas

09 de abril de 2018 | Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 18 até as 20 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

CUT - ALTERNATIVAS NA XUSTIZA

A folga indefinida na xustiza, máis viva e forte que nunca

09 de abril de 2018 | Mentres que o sr. Rueda utiliza a política de desgaste e ameaza ás traballadoras e traballadores da xustiza con expedientes para dobregar a resistencia do colectivo, a firme vontade de acabar coa discriminación existente e a resistencia das traballadoras e traballadores faise patente coas mobilizacións que realizan todos os días.

USC - Servizo de limpeza

As traballadoras e traballadores do Servizo de limpeza da USC reclaman o rescate

09 de abril de 2018 | A semana pasada, as traballadoras e traballadores do Servizo de limpeza da USC, concentráronse, de novo, na Facultade de Matemáticas, reclamando que lles devolvan o roubado: a recuperación para o público deste servizo esencial.

Oficina Dereitos Sociais de Coia

A Xunta castíganos con demoras nos pagamentos da RISGA

09 de abril de 2018 | En breves a Xunta volverá a dar a enésima rolda de prensa, na que anunciará as “bondades” da RISGA, mentres aquelas que a percibimos ou que estamos a tramitala a padecemos.Estes días un veciño contábanos as dificultades coas que se atopou para iniciar de novo a RISGA tras uns meses no mercado laboral.

CUT - ALTERNATIVAS NA XUSTIZA

O persoal da Xustiza cumpre dous meses en folga cunha nova exhibición de unidade na rúa

09 de abril de 2018 | Dous meses despois de que o pasado 7 de febreiro iniciase a súa folga en reclamación de maior salario e mellores condicións laborais, o persoal da administración de Xustiza en Galicia volveu saír este sábado ás rúas de Santiago nunha manifestación secundada por todos os sindicatos e que contou co apoio dos partidos da oposición.

Sanidade pública

"Amoreados cun bocadillo e un iogur": a longa espera cotiá dos doentes de cancro no Clínico de Santiago

09 de abril de 2018 | Os hospitais de día son, para as persoas en tratamento de cancro, unha vía intermedia entre a hospitalización tradicional e unha mera consulta. Estas instalacións sanitarias están concibidas para, nunha única visita, avaliar o doente coas probas diagnósticas que cumpran, realizar seguimento da evolución da enfermidade e mais administrar tratamentos como a quimioterapia.

Sanidade pública

A Xunta paga 300.000 euros a unha empresa pola comunicación do hospital de Pontevedra que xa ten xefe de prensa en persoal

09 de abril de 2018 | A propietaria da compañía adxudicataria do contrato, adxudicado sen concurso, é unha ex asesora de comunicación do subdelegado do Goberno en Pontevedra con José María Aznar.

Sanidade pública

A ONU non cre que haxa sanidade universal en España e pide que se restaure

09 de abril de 2018 | O Comité para a Eliminación da Discriminación Racial da Organización de Nacións Unidas (ONU) deu un ‘toque' a España por restrinxir o acceso á súa sanidade pública dos inmigrantes sen papeis a raíz do decreto 16/2012 publicado en abril dese ano..

Caso Cifuentes. En que lugar queda a universidade?

O responsable do máster de Cifuentes admite a falsificación da acta e acusa o reitor

09 de abril de 2018 | Enrique Álvarez Conde recoñeceu que a acta presentada por Cristina Cifuentes é "unha reconstrución" solicitada polo reitor de a universidade. O director do máster sinalou que é a primeira vez que recibe un "requirimento da autoridade universitaria para reconstruír unha acta". Álvarez Conde asegurou que só se reuniu "unha vez" con Cifuentes para fixar o tema do seu TFM e que corrixiu o seu traballo por un medio que non lembra.

Ferrol - Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización

Proxecto de saneamento da ensenada d'A Malata. Feitos consumados

09 de abril de 2018 | Hoxe 5 de abril de 2018, o Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao aprobou esta mañá outorgar unha concesión en favor do Concello de Ferrol de 6.078 metros cadrados situados en zona de servizo da institución, o 87,3 % dos mesmos enterrados e os outros 771 en superficie..

Palestina libre!

Un día de protesta en Gaza

09 de abril de 2018 | O día da terra, 30 de marzo, saín cos meus tres fillos, o meu esposo e outros membros da familia para unirme a unhas 60.000 persoas palestinas de Gaza para o primeiro día da gran marcha do retorno pola fronteira coa Palestina ocupada [Israel]. Ata o 15 de maio, o aniversario da Nakba ["catástrofe" cando máis de 75.000 persoas palestinas foron obrigadas a abandonar Palestina para crear Israel] estaremos a acampar cada día ao longo da fronteira para lembrar ao mundo que temos dereito a regresar a casa.

Lingua

Ferrol dedica máis dun mes de homenaxe a Carvalho Calero

09 de abril de 2018 | Ricardo Carvalho Calero é profeta na súa terra. As homenaxes, a 28 anos da súa morte, sucédense en Ferrol. Desde este serán ate o vindeiro 18 de maio, o concello da súa cidade natal ofrece unha serie de palestras, concerto e recital arredor da figura do intelectual e escritor.

Loita obreira

A loita de Amazon continúa: os sindicatos anuncian novas mobilizacións

09 de abril de 2018 | A folga do pasado 21 e 22 de marzo paralizou completamente a planta de Amazon en San Fernando. En resposta, a empresa aplicou unilateralmente o Convenio de Loxística de Madrid. A loita segue.

Non á mina de Touro

Aldea Viva acusa as empresas que xestionan a mina de Touro-O Pino de "disfrazar o evidente desastre ambiental"

09 de abril de 2018 | A asociación Aldea Viva critica a utilización interesada do termo "comunidade científica" por parte das empresas de valorización da antiga mina de Touro-O Pino para avalar os proxectos que alí se desenvolven. As catro empresas do proxecto afirmaron esta semana que "as augas de choiva" que chegan ao depósito de decantación de Bama "cumpren os parámetros esixibles pola normativa e non afectan o medio natural".

Sentenza

A xustiza recoñece o dereito a ser fixos de dous investigadores que encadearon 15 anos de contratos públicos temporais

09 de abril de 2018 | Dous científicos da sanidade galega conseguen que un xulgado galego lles recoñeza o dereito a estabilizar os seus empregos. A Xunta alegaba que eles aceptaron os seus contratos temporais e que ademais a praza de investigador non existe, argumentos desestimados polo xuíz.

Lingua

O uso do galego, unha forma de activismo e de resistencia social

09 de abril de 2018 | Bernadette O'Rourke, profesora da Universidade Heriot-Watt de Edimburgo (Escocia), mostra como o uso que fan os neofalantes da lingua galega está relacionado co "cuestionamiento das estruturas de poder existentes".

Sindicato Labrego Galego

17 de abril: Liberemos aos labregos e ás labregas de tratados de libre comercio como Mercosur, CETA ou TTIP!

09 de abril de 2018 | O 17 de abril de 1996, 19 labregos Sem Terra foron asasinados a tiros por unha milicia privada en Eldorado dos Carajás, Estado de Pará, Brasil. O seu crime: a ocupación de terras en barbeito propiedade dun rico terratenente. Este asasinato impune ficou na memoria das organizacións agrarias da Vía Campesina cuxa data foi designada como Día Mundial das Loitas Labregas.

Orzamentos 2018

Máis diñeiro para Defensa, Policía e Garda Civil e demagoxia sobre as pensións

09 de abril de 2018 | O Goberno presentou os orzamentos 2018. O maior aumento é para Defensa (10,7%) e para a Policía Nacional e Garda Civil (6,4%) mentres que o aumento das pensións é ridículo.

MOBILIZACIÓNS

Marchas da Dignidade Aragón convoca mobilizacións para unificar as loitas

09 de abril de 2018 | Co lema “Xa abonda! Unifiquemos as loitas”, as diversas organizacións sindicais, políticas, sociais e estudantís que compoñen as Marchas da Dignidade en Aragón chamaron a unha manifestación este sábado 7 de abril ás 12 horas en Glorieta Sasera.

1º de maio

Videos