17 de abril: Liberemos aos labregos e ás labregas de tratados de libre comercio como Mercosur, CETA ou TTIP!

O 17 de abril de 1996, 19 labregos Sem Terra
foron asasinados a tiros por unha milicia privada en Eldorado dos
Carajás, Estado de Pará, Brasil. O seu crime: a ocupación de terras en
barbeito propiedade dun rico terratenente. Este asasinato impune ficou
na memoria das organizacións agrarias da Vía Campesina cuxa data foi
designada como Día Mundial das Loitas Labregas.
As violacións dos dereitos fundamentais dos
labregos e das labregas que, por desgracia, acontecen a diario, medran
agora polos tratados de libre comercio (TLC) que están,
exclusivamente, ao servizo das multinancionais.
Trátase de acordos comarciais asentados e acadados
por grandes investidores privados que, coa axuda de tribunais privados
de arbitraxe, pasan por riba das normas e as leis dos estados, apoderándose das terras, sementes, auga, bosques, recursos mineiros,
materias primas agrícolas e mesmo dos coñecementos labregos,
desatando unha carreira desenfreada cara á mingua das súas rendas.
O TLC que se está a negociar actualmente entre a
Unión Europea e Mercosur é un exemplo disto. En nome dunha
ilusoria “competencia libre e non distorsionada”, este TLC quere impoñer
a importación de enorme cantidades de produtos libres de impostos, como
100.000 toneladas de carne de vacún e 90.000 toneladas de aves de
curral, entre outros. Un golpe fatal para nós, labregos e labregas que
vivimos unha situación de crise. Pero este acordo tamén xeneraliza o
dumping social e ambiental: a expansión da agroindustria en detrimento
das comunidades labregas, maior deforestación, monocultivos,
consolidación dos transxénicos e impactos nociovs nos dereitos labregos.
Este acordo, do mesmo xeito que o
CETA ou o TTIP
e outros TLC negociados pola UE, tamén pon en perigo aos consumidores e
consumidoras ao atacar o principio de precaución e barreiras non
arancelarias como as normas de seguridade sanitaria dos alimentos, cuxo
recoñecemento é froito de longos anos de loitas da cidadanía.
Os labregos e as labregas do mundo somos as
primeiras vítimas das políticas de libre comercio e sentímonos como unha
moeda de cambio ou unha simple variable nas negociacións en curso. A
través de La Vía Campesina, denunciamos unha carreira frenética por
producir máis ao menor custe. Europa, incapaz de reformar profundamente
unha política agraria común, inxusta e ilexítima; incapaz tamén de
garantir unha renda aos traballadores e ás traballadoras da terra; ou de
preservar o medio ambiente e o clima; pretende resolver estes retos
mediante a exportación. Xa é hora de denunciar esta fraude e apostar
pola soberanía alimentaria.
Liberemos aos labregos e labregas do libre
comercio!
Gandeiros e gandeiras! Labregos e labregas!
Cidandáns e cidadás! Unámonos en Bruxelas o 17 de abril contra o acordo
da Unión Europea con Mercosur e contra outros acordos tóxicos!