• Número 389
  • 09 de abril de 2018

Universidade

As vosas colaboracións. Cartas que recibimos

Agradecemos as vosas colaboracións. Se non nos implicamos tod@s, fracasaremos

A mellora de emprego, boa idea, mal redactada

Aproxímase a hora de que o persoal fixo tome posesión das prazas obtidas no concurso. Levarase o efecto, no procedemento o acordo, co que eu concordo, no que o persoal fixo que participou no concurso e que está en comisión de servizos retornará á praza que ten en propiedade para, desde ela, tomar posesión da praza obtida no concurso. Eu son funcionario de carreira pero, ao meu carón está un compañeiro interino que leva anos nunha vacante. A praza que ocupa saíu no concurso e será ocupada por outra compañeira que actualmente está de baixa. A modificación do artigo 5 cae como unha lousa nas esperanzas deste compañeiro de ocupar unha praza acorde coa súa posición na listaxe de agarda. Explícome, a compañeira que acadou a praza tomará posesión cando lle dean a alta, despois de realizado todo o procedemento do concurso e posterior recurso ás listaxes para ocupar as prazas que á súa vez quedan vacantes. Cando este compañeiro volva á lista de agarda xa se outorgarían esas vacantes e este compañeiro quedará limitado a ocupar prazas con pouco tempo de permanencia. A mellora de emprego ten sentido sempre que cumpra o obxectivo de que casos coma este non se produzan é dicir levando á práctica o obxectivo de que quen estea nun mellor posto na listaxe de agarda teña máis posibilidade de ter un posto que garanta máis estabilidade. Levar a efecto os principios de mérito e capacidade que sinalastes nas asembleas.