• Número 389
  • 09 de abril de 2018

Universidade

Escola Galega de Administración Pública. Programa de autoformación

Unha novidade importante para este ano, coa cal se dá resposta a unha reiterada demanda do alumnado, é a descentralización das probas de avaliación

O DOG do día 4 de abril publica a RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2018 pola que se convoca o programa de autoformación para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas.

O programa diríxese a todo o persoal ao servizo das diferentes administracións da Comunidade Autónoma, e ofrece un amplo abanico de cursos relativos a diferentes áreas formativas que facilitan a capacitación para o desenvolvemento eficiente de calquera posto de traballo.

Unha novidade importante para este ano, coa cal se dá resposta a unha reiterada demanda do alumnado, é a descentralización das probas de avaliación das actividades enmarcadas neste programa. Con este cambio, a EGAP quérelle facilitar o acceso á formación ao conxunto do persoal ao servizo das administracións públicas de Galicia.

Ademais das condicións sinaladas na convocatoria tes que ter en conta:

As actividades: acceso aos contidos

1. Todos os empregados públicos e as empregadas públicas destinados/as nas administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da comunidade autónoma, así como o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria, e, concretamente na base primeira do anexo II, poden acceder aos contidos das actividades do programa de autoformación, sen pasar por un proceso de selección, inscribíndose na zona de matrícula da EGAP, no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula.

2. A inscrición para o acceso aos contidos pode facerse en calquera momento a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 20 de decembro de 2018.

As probas de avaliación: solicitudes de participación

1. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes de participación nas probas de avaliación só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. O número máximo de probas de avaliación das actividades do programa de autoformación que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco.

Convocatoria