A folga indefinida na xustiza, máis viva e forte que nunca

Mentres que o sr. Rueda utiliza a
política de desgaste e ameaza ás traballadoras e traballadores da
xustiza con expedientes para dobregar a resistencia do colectivo, a
firme vontade de acabar coa discriminación existente e a resistencia das
traballadoras e traballadores faise patente coas mobilizacións que
realizan todos os días.
Hoxe reproducimos una carta aberta ao Sr. Rueda,
Vicepresidente da Xunta de Galicia dun dos traballadores en folga
indefinida e reproducimos as declaracións á Cadena SER de Javier
Fernández, portavoz del comité de folga na Coruña.
Carta aberta ao Sr. Rueda, Vicepresidente da
Xunta de Galicia
4 de abril de 2018
Ourense, 4 de abril de 2018
Dixo onte vostede, que a Xunta ía xestionar o
diñeiro desde parámetros de “obxectividade e responsabilidade”, en
referencia ás reinvindicacións salariais presentadas por los
representantes sindicais dos funcionarios de xustiza. Tamén dixo que a
última proposta da administración cumpre todas as aspiracións que tiñan
os sindicatos e pediulle a éstes novamente que reflexionen e acepten
esta última oferta.
Permítame, Sr Rueda, facerlle un par de
observacións e, de paso, instalo a que tamén vostede reflexione sobre a
xestión que, a administración que vostede dirixe, fixo deste conflito.
A primeira cuestión que quero plantexarlle é onde
estaba esa “obxectividade e responsabilidade”, da que fai gala, antes do
día 07 de febreiro. Sí, como ben sabe, ese día empezou unha folga
indefinida que vostede non quixo evitar aplicando eses dous parámetros
tan sinxelos coma contundentes: obxectividade e responsabilidade. Se o
fixera, se vostede fora consecuente co que di, a última oferta
presentada estaría na mesa de negociación o día 06 de febreiro e non o
19 de marzo, é dicir, 41 días de folga máis tarde!
Con esta mochila ás nosas costas (hoxe son 57 días
de folga), vostede afirma que a última proposta da administración cumpre
todas as aspiracións que tiñan os sindicatos. Dá a impresión de que
vostede camiña a destempo, de que vostede sempre chega tarde; e non
estou a falar da andaina de Semana Santa, onde se lle viu ben lixeiro,
senón da velocidade á que camiña vostede para resolver o conflito da
xustiza, moi lonxe do que é de esperar do seu alto cargo. É como se non
estivera entre as súas prioridades resolver un asunto tan delicado e tan
costoso para toda a sociedade.
Algún malpensado dirá que xoga vostede ao desgaste;
que busca a nosa rendición por aplastamento para exemplo doutros
colectivos que ousen emularnos. Eu négome a pensar así por iso lle pido,
humildemente, que reflexione e se aplique a fondo para terminar con esta
folga que a ninguén beneficia. Sobradamente sabe que, con vontade e
imaxinación, pódense explorar distintas fórmulas para chegar, con
relativa facilidade, a un consenso satisfactorio para todos.
Se esto acontece, se os traballadores comprabamos,
a través dos nosos representantes, que deixa de tratarnos como se
foramos menores de idade e que actúa de boa fe, esqueceremos os insultos
recibidos e voltaremos ás oficinas xudicias coa responsabilidade e
seriedade que vostede coñece.
X.I.A.R.- Un traballador en folga indefenida
Declaracións á Cadena SER de Javier Fernández, portavoz del comité de
folga na Coruña. (05-04-2018)