• Número 388
  • 02 de abril de 2018

Universidade

Desconvocadas as mobilizacións anunciadas para o día 3 de abril

02 de abril de 2018 | Despois da convocatoria de folga, a Xunta de Persoal remitiu unha comunicación ao reitor na que se lle sinalaban os motivos que nos obrigaban a tomar esa decisión, instándoo, de novo, a negociar de boa fe. O venres 23 o xerente convocou unha reunión urxente cunha delegación da Xunta de Persoal para o día 26, luns, ás 10 da mañá. Nesta reunión os acontecementos precipitáronse.

Universidade

Día 3. Reunión do Consello de Goberno

02 de abril de 2018 | Como anunciamos desde hai semanas, o martes día 3, realizarase unha nova reunión do Consello de Goberno. A esa reunión non asistirá ningún representante do persoal funcionario por coincidir coa reunión da Xunta de Persoal. Como asuntos relacionados co colectivo aparecen na Orde do día a modificación puntual da RPT que contempla o barrado ao grupo A2 das prazas que ocuparán no concurso os compañeiros e compañeiras que superaron o proceso e a modificación da RPT para adaptar a denominación dalgúns postos de traballo á estrutura orgánica.

Universidade

Sinalada nova data para a vista do recurso polo concurso de traslados

02 de abril de 2018 | O vindeiro día 25 ás 10:30 horas realizarase, agardamos que esta vez de xeito definitivo, a vista do contencioso que no seu día interpuxemos CCOO e nós conta o concurso de méritos ao non contemplar as vacantes do Servizo de informática e comunicacións, o que nos parece unha discriminación intolerable.

Universidade

APA abrirá o seu local no CUR este luns de 18 a 20 horas

02 de abril de 2018 | Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 18 até as 20 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

UDC - Servizo seguridade

USO prexudica ao persoal de seguridade da UDC

02 de abril de 2018 | USO efectuou un recurso contra da licitación do servizo de seguridade da UDC, enfrontándose o criterio dos traballadores, incluso dos seus afiliados, logo de asegurar en reunión co persoal a retirada do mesmo, ante o rexeitamento xeral dos vixiantes de seguridade do servizo.

CUT - ALTERNATIVAS NA XUSTIZA

50 días de #FolgaXustiza (VÍDEO)

02 de abril de 2018 | Os compañeiro/as dos xulgados de Ourense fixeron público o conflito da xustiza en Galiza en diversos lugares monumentais da cidade de Ourense, a catedral, a praza maior e as Burgas.

Pensións

O 0,25% é unha vergoña

02 de abril de 2018 | Sabes que en España somos máis de oito millóns de pensionistas? Entre todos representamos o 25% das persoas con dereito a voto. É por iso que cada catro anos os nosos políticos póñense como tolos a falar das pensións… E é por iso que unha vez celebradas as eleccións, esquéceselles o tema.

Sanidade pública

A Fiscalía ve "indicios de delito" na morte dunha doente nun corredor do Clínico de Santiago

02 de abril de 2018 | A denuncia recolle que "tardaron un tempo en atendela". A coalición médica CESM-O'Mega "aplaude" a decisión do Ministerio Público e subliña que "non se aumentaron" os espazos de traballo. Sanidade di que está disposta a colaborar.

Sanidade pública

"O paciente está desamparado ante os problemas na sanidade pública; obrígano a ir aos tribunais"

02 de abril de 2018 | A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS (Complexo Hospitalario Universitario de Santiago) constituíuse hai tres anos para denunciar a situación de deterioro e recortes nos servizos sanitarios públicos e canalizar as demandas das persoas afectadas no caso da área compostelá.

Sanidade pública

Unha masiva marcha pola sanidade pública en Verín di "non somos números, somos persoas"

02 de abril de 2018 | Centos de persoas -3000 segundo a organización- participaron este sábado na manifestación convocada en Verín en defensa da sanidade pública e contra o "desmantelamento" do hospital comarcal.

CUT - COMUNICADO

Comunicado do sindicalismo alternativo ante o que está a suceder en Catalunya

02 de abril de 2018 | Os sindicatos asinantes, en representación da clase traballadora de Catalunya, País Valenciá, Galiza, Euskal Herria, Canarias, Andalucía, Asturies, Illes Balears e o Estado Español, ante os graves feitos que novamente están a suceder en Catalunya, queremos manifestar o seguinte:-

Represión

“A máquina represiva estatal está ben engraxada e persegue a resistencia intelectual”

02 de abril de 2018 | Após ser condenado a tres anos e medio de prisión, o rapeiro Valtònyc recibe numerosas mostras de solidariedade. Fai parte do cartaz do Festigal 2018. En declaracións a Sermos, advirte: "“Cando acaben cos músicos, irán polos tuiteiros, cando rematen con eles irán polos xornalistas…".

Sanidade pública

O Ministerio de Sanidade ficha a alto cargo do Sergas imputada por homicidio imprudente

02 de abril de 2018 | Carolina Gonzalez Criado, subdirectora xeral de Farmacia, está imputada por delitos de homicidio imprudente e prevaricación no caso da hepatite C.

Agresións sexuais

“Despois de denunciar teño unha curiosa sensación de triunfo”

02 de abril de 2018 | Iria Pinheiro denuncia os meses de acoso que sufriu por parte de José Luís Viñas Orta, o director do programa "Con amor e compañía" emitido en TVG.

Ecoloxía

Órgano da ONU expedienta a España polas minas de Galicia

02 de abril de 2018 | A Comisión de Cumprimento do Convenio de Aarhus decidiu aceptar a queixa presentada por entidades galegas hai un ano, a pesar da oposición de España. A denuncia versa sobre ocultación de información na aprobación de varias minas..

Non á mina de Touro

Vídeo: “O desastre ambiental causado pola mina de Touro a vista de dron”

02 de abril de 2018 | Aldea Viva, un dos grupos veciñais contrarios á mina de Touro - O Pino, filmou a vista de paxaro o impacto da vella mina de cobre, que agora pretende abrir e ampliar a multinacional Atalaya Minning. No vídeo, apréciase perfectamente como as antigas balsas desbordaron debido aos temporais, botando auga de cor metálica..

Loita feminista

BRASIL. Último discurso escrito de Marielle Franco, asasinada en Río de Janeiro

02 de abril de 2018 | O concelleiro do Psol Tarcísio Motta leu onte á noite no plenario da Asemblea Lexislativa de Río de Janeiro o discurso que Marielle Franco escribira para a sesión na que se discute o Plan Municipal de Educación. A parlamentaria, líder feminista e dirixente social das favelas foi asasinada hai dúas semanas no centro de Rio cando regresaba dun acto político.

Lingua - Comunicación

O 25 de abril desaparecerá Blogaliza, tras 15 anos na rede

02 de abril de 2018 | "Blogaliza foi un soño no tempo, unha illa na rede, un criadeiro de blogs destinado a permitir a comunicación e expresión persoal e libre. Blogaliza foi unha Zona Temporalmente Autónoma, pero agora toca voltar á oscuridade, disolverse na néboa para que outras iniciativas poidan xurdir da reorganización das enerxías dispersas. De aquí nun mes, o día 25 de abril de 2018, Blogaliza pecha as súas portas".

Antifascismo

O que hai detrás do ataque neonazi de Sarrià

02 de abril de 2018 | Abriuse a veda do “A por eles”. Se os aparellos do Estado en bloque non disimulan na súa cruzada, por que deberían facelo os grupúsculos ultras? Por que non volver á violencia explícita? Si, se desatou a besta, á que, como di o filósofo holandés Rob Riemen, deberiamos chamar polo seu nome: fascismo.

Internacional

Masiva xornada de loita en Francia: comeza un movemento social contra Macron?

02 de abril de 2018 | Centos de miles de traballadores públicos, estudantes, algunhas empresas privadas e masivamente os ferroviarios pararon e mobilizáronse o xoves contra as reformas antipopulares do goberno, posiblemente marcando o comezo dun movemento social contra Macron.

Opinión - Jesús Cintora

Queren calarnos e que teñamos medo

02 de abril de 2018 | España vive un retroceso en liberdade de expresión. Así o denuncian organismos internacionais. Xornalistas, artistas ou manifestantes foron perseguidos por expresarse. Mentres, hai políticos que amenten a cascoporro, que negan o evidente e moven os fíos para non dar a cara, non render contas como servidores públicos e non asumir responsabilidades.

Videos