• Número 387
  • 26 de marzo de 2018

Universidade

A Xunta de Persoal convoca un paro e concentracións o día 3 de abril

26 de marzo de 2018 | Nas asembleas de traballadores e traballadoras realizadas os pasados días 19 e 20 de marzo, logo de analizar a situación tal e como fixemos no PASquín número 385 e no PASquín número 386, acordouse a convocatoria dun paro de media xornada e a realización de concentracións, en Ferrol diante da Vicerreitoría e na Coruña na Reitoría, durante a sesión do Consello de Goberno que terá lugar o vindeiro día 3 de abril.

Universidade

APA abrirá o seu local no CUR este luns de 19 a 21 horas

26 de marzo de 2018 | Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

Sentenza

O Tribunal Supremo declara que os permisos retribuídos por matrimonio, nacemento dun fillo/a e falecemento dun familiar deben iniciarse un día laborable

26 de marzo de 2018 | A sentenza deriva dunha demanda, que o sindicato CGT, interpuxo contra a Asociación de Contact Center. A importante sentenza, representa un avance nos dereitos que sistematicamente se nos esquilman, tanto na empresa privada como na administración.

CUT - ALTERNATIVAS NA XUSTIZA

O comité de folga cita á Xunta de Galicia en San Caetano o 26 de marzo

26 de marzo de 2018 | Os sindicatos de xustiza propoñerán á Xunta volver reunirse o vindeiro luns, día 26 de marzo, para retomar as negociacións que permitan poñer fin á folga indefinida despois de que os traballadores avalasen rebaixar a esixencia salarial dos 190 euros ao mes para todos os corpos.

Universidade de Vigo

Propostas de Xerencia para a promoción interna

26 de marzo de 2018 | O xerente da Universidade de Vigo ben de presentar, á Xunta de Persoal, unha proposta de promoción interna grupo C2 ao C1 (corenta e unha prazas). Do grupo C1 ao A2 (dezaseis prazas) e para a escala de letrado (unha praza). A primeira reunión negociadora realizouse o pasado día 22.

USC - PAS FUNCIONARIO

Convocatorias de prazas do grupo A1. Propostas da Xerencia

26 de marzo de 2018 | A Xerencia da Universidade de Santiago de Compostela ven de remitir á Xunta de Persoal a proposta de convocatoria de prazas do grupo A1 tanto de promoción interna como de quenda libre.

Oficina de Dereitos Sociais-Coia

Caballero aplica a "Lei Mordaza" para tentar agochar a miseria

26 de marzo de 2018 | O pasado 19 de decembro dende a Oficina de Dereitos Sociais de Coia convocabamos unha concentración na avenida de Castelao baixo o lema “Caballero, o lado escuro das políticas sociais”.

Sanidade pública

Sanidade galega Así funcionan os enchufes e o nepotismo do PP para manipular a Sanidade galega

26 de marzo de 2018 | Un estudo de Batas Brancas constata como a Xunta utiliza as xefaturas de Servizo dos hospitais para colocar a dedo a de galenos próximos ás súas políticas de recortes.

Sanidade pública

O PP aproba en solitario a reforma sanitaria

26 de marzo de 2018 | Cunha protesta ás portas do Parlamento de Galicia e coa tribuna de invitados chea de alcaldes das vilas que forman parte das áreas sanitarias que desaparecerán coa nova norma, o PP aprobou este martes en solitario a contestada reforma da Lei de Saúde de Galicia de 2008.

Sanidade pública

Médicos do CHUAC convocan folga en abril por falta de persoal

26 de marzo de 2018 | "Non aspiramos a unha mellora retributiva senón a traballar con maiores garantías de seguridade para os nosos pacientes", afirma o colectivo. A folga será do 16 ao 21 de abril.

Movemento Obreiro

A mantenta da Folga das traballadoras e traballadores da Xustiza na Galiza - Que son insolidarios os funcionarios de xustiza... Ao contrario, son a vangarda!

26 de marzo de 2018 | A actual folga na Xustiza é a máis relevante que se produciu nos servizos públicos de Galiza, tanto polo impacto que ten, como pola súa duración. Nestas seis semanas que alá van de protesta, suspendéronse máis de 15.000 xuízos, algúns fican retardados ao ano 2021. Tamén se deixaron de realizar máis de 40.000 trámites, como partidas de nacemento, fes de vida, certificados de defunción, peticións de pensións de viudedade, orfandade e declaracións de acusados e testemuñas...-

Represión

Suspendido o xuízo a Emilio Cao ao non comparecer un dos policías

26 de marzo de 2018 | O mozo do Carballiño estivo arroupado en Madrid por ducias de persoas que se desprazaron desde Galiza. A vista realizarase o vindeiro 25 de xuño

Ningún ser humano é ilegal

O Goberno coloca un "triplo aramado" de concertinas no porto de Melilla para evitar o paso de menores migrantes

26 de marzo de 2018 | A Autoridade Portuaria de Melilla, dependente de Fomento, gastarase máis de 467.000 euros para "disuadir" aos menores migrantes de coarse nos barcos que parten cara á Península

SOS Racismo

Os casos de racismo institucional multiplicáronse en Galicia no ano 2017

26 de marzo de 2018 | SOS Racismo rexistrou o pasado ano en Galicia un total de 70 vulneracións de dereitos por motivos racistas. Delas, a maior parte (56) son casos de racismo institucional, motivados sobre todo polos obstáculos impostos ao acceso á sanidade e a outros servizos públicos.

Sentenza

Un traballador pode beneficiarse do permiso de lactación aínda que o outro proxenitor non traballe

26 de marzo de 2018 | O Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya considera discriminatoria a denegación dun permiso de lactación a un home cuxa parella non estaba empregada. A empresa Acciona interpretou que, para acceder a este dereito, os dous proxenitores deben ser traballadores. Os xuíces que asinan a sentenza cren que non é así e engaden que esta interpretación suporía denegar este dereito ás familias monoparentais e ás de parellas separadas.

Loita social

Breve nota de Urxencia da Plataforma ante a reacción do Alcalde de Ferrol diante da nosa denuncia en sede xudicial

26 de marzo de 2018 | A Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos Pola Remunicipalización, ante a reacción do alcalde de ferrol e o seu goberno municipal, en rolda de prensa e a través das redes sociais, en resposta á nosa denuncia ante o xulgado de ferrol quere manifestar:

Loita feminista

Concentración diante do Consulado de Brasil contra o asasinato de Marielle Franco

26 de marzo de 2018 | O día 21, convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres de Galiza fixemos concentración na Coruña esixindo xustiza ante o brutal asasinato policial de Marielle Franco, compañeira negra, lésbica, feminista e obreira exemplo de compromiso por construír un mundo máis xusto. Reproducimos o manifesto lido na mobilización.

Lingua - A Mesa Pola Normalización Lingüística

Só o 4’6% da programación infantil diaria é en galego

26 de marzo de 2018 | Só a TVG mantén a presenza da lingua galega na grella televisiva infantil. A Mesa reclama a creación dunha terceira canle infantil na TVG e que a Xunta actúe para garantir a opción de dobraxe en galego en todas as canles da TDT.

Pensións

Si hai diñeiro

26 de marzo de 2018 | Enxalzar o crecemento económico e ao tempo minguar poder adquisitivo ás prestacións dos pensionistas, é recoñecer a nula autoridade que ten o PP sobre a economía do país, que coa súa compracencia desempeña en exclusiva a oligarquía financeira.

Redes sociais

Esta é toda a información que Facebook sabe de ti… e a que vende

26 de marzo de 2018 | Non valoramos a nosa privacidade, non somos conscientes de toda a información que cedemos a Facebook e apps de terceiros sen cuestionarnos o uso que lle darán. Isto é todo o que a rede social sabe de nós, toda a información que damos e a que venden.

Opinión - Economistas Sen Fronteiras

De como o 3% do crecemento devén en máis pobreza e desigualdade

26 de marzo de 2018 | O crecemento do 3% que o goberno exhibe con orgullo beneficia a unha minoría. A maioría dos cidadáns sofre a deterioración das súas condicións de vida.

Videos