• Número 386
  • 19 de marzo de 2018

Universidade

A Xunta de Persoal convoca asembleas

19 de marzo de 2018 | O día 14 o equipo de goberno demostrou, unha vez máis, que o seu non é negociar. Desde hai uns anos, e nestes últimos tempos con máis forza, o sr. Abalde e compañía, non disimulan nadiña, entran a saco no colectivo de PAS e caia quen caia o seu interesado proxecto vai adiante. Comisións de servizo, Ofertas de Emprego, Concurso de méritos... foron só o principio. Instálase a xudicialización nas relacións laborais entre a Universidade e a representación das traballadoras e traballadores. Cando isto ocorre coa frecuencia que se dá na UDC é síntoma de que o equipo de vez, fai un uso interesado do goberno universitario.

Universidade

Acordo sindicatos maioritarios-goberno

19 de marzo de 2018 |O Goberno, para afrontar o pago dos sucesivos rescates (banca, autoestradas...) descapitalizou os servizos públicos acompañando o peche da billa económica coa precarización dos postos de traballo.

Acordo

Universidade

APA non abrirá o seu local no CUR este luns

19 de marzo de 2018 | Debido á convocatoria de asembleas hoxe, luns día 19, non abrimos o local

CUT - ALTERNATIVAS NA XUSTIZA

Persoal de xustiza protesta nas cidades galegas tres días antes de reunirse coa Xunta

19 de marzo de 2018 | Os traballadores da xustiza protagonizaron este venres diversos actos reivindicativos nas cidades galegas para dar visibilidade á súa protesta tres días antes da reunión que terá lugar o vindeiro luns, día 19 de marzo, entre o comité de folga e a Xunta para tentar pór fin á folga indefinida no sector.

Persoal precario

3ª Marcha Do Persoal Precario Das Administracións Públicas

19 de marzo de 2018 | O pasado venres, día 16, realizouse a Terceira marcha do persoal precario das administracións públicas. A manifestación que se iniciou no Parlamento e rematou no Obradoiro, foi a expresión do cabreo do persoal precario, o máis feble da administración que, despois de anos de prestación de servizos en fraude de lei, consideran que as convocatorias anunciadas pola Xunta “vulneran os seus dereitos á estabilización e á consolidación, sendo en realidade EREs encubertos”.

USC - PAS FUNCIONARIO

A Xunta de Persoal protesta pola modificación puntual da RPT

19 de marzo de 2018 | A Universidade de Santiago de Compostela, aprobou no Consello de Goberno realizado o pasado 5 de marzo, unha modificación puntual da RPT de PAS funcionario para a súa Adaptación ao Marco Común de referencia das linguas. Reproducimos o escrito que a Xunta de Persoal remitiu ao xerente sobre esta modificación.

Oficina de Dereitos Sociais-Coia

Vídeo e crónica do obradoiro "Contra a pobreza enerxética, alternativas e dereitos"

19 de marzo de 2018 | AFacía tempo que seguiamos, de lonxe, o traballo da Alianza Contra a Pobreza Enerxética. Co obxectivo de coñecer mellor a loita desta plataforma convidamos a María Campuzano (APE e Enxeñería Sen Fronteiras) para falar sobre pobreza enerxética e loitas en contra dos grandes oligopolios que controlan a enerxía.

Sanidade pública

Doentes nos corredores, padiolas prestadas e ambulancias paradas no hospital que dirixe a curmá de Feijóo

19 de marzo de 2018 | Os pacientes de Urxencias da área sanitaria de Compostela, cuxa xerente Eloína Núñez é parente do presidente da Xunta, denuncian que a falta de medios materiais e humanos do centro provoca serios colapsos e a desatención dos enfermos.

Sanidade pública

“As listas de espera son, na práctica, unha negativa de asistencia”

19 de marzo de 2018 | Entrevista a Luís García, da Asociación Galega para a Prevención do Glaucoma, que este mércores participa nunha charla na AAVV de Monte Alto xunto a Ramón Veras, de SOS Sanidade Pública, con motivo da Semana Mundial do Glaucoma. García advirte que existen os medios para prever a enfermidade e que a detección precoz sería o mellor método para loitar contra ela.

Sanidade pública

Hai diñeiro pero para a privada

19 de marzo de 2018 | A folla de ruta do neoliberalismo respecto dos servizos públicos séguese ao pe da letra. Este venres, o diario oficial do PP (La Voz de Galicia) publicaba un artigo esclarecedor. O Sergas licita por 97,5 millóns a atención concertada de cirurxía, probas, consultas e diálises.

Liberdades

A francocracia en acción : un rei incuestionable

19 de marzo de 2018 | E é que este martes e 13, o Congreso dos deputados decidiu por maioría que o que hoxe aínda se cualifica como "inxurias, ofensas ou calumnias á Coroa" continuarán sendo consideradas como un grave delito. Os "partidos centurións" do réxime monárquico, PP, PSOE e Cs demostraron ser os que sempre foron: leais custodios do Réxime. A eles engadiuse o partido "nin chicha nin limoná", Nova canarias

Represión

O subdelegado xa multa os pensamentos mentres se fuma

19 de marzo de 2018 | Dous mozos tiveron que pagar unha sanción de 450 euros despois de seren denunciados por “perturbación da seguridade cidadá en actos públicos” en aplicación do artigo 36.1 de lei 4/2015, a lei mordaza. Foron identificados pola Policía Nacional mentres fumaban un cigarro minutos antes dunha contra-manifestación no Obelisco da Coruña o 28 de setembro. Manifestábanse a favor do dereito dos cataláns a independencia diante dunha concentración españolista convocada polo colectivo Foro LC.

Represión

Emilio Cao, “non estás só”

19 de marzo de 2018 | Representantes da política e a sociedade galega coma Suso de Toro, Marilar Aleixandre, Luís Villares ou Ana Pontón asinan un manifesto que pide a súa absolución

Non á mina de Touro

Touro, O Pino, Galicia: o bo camiño

19 de marzo de 2018 | Unha desas compañías que parece ter detrás un nome xa histórico, Riotinto, aínda que hogano esteamos a falar dunha empresa tan moderna que ten razón social variábel e que non se sabe nin de onde é, xa que estes negociantes da globalización son tan cosmopolitas que sitúan o seu enderezo fiscal onde lles cadre (e os cartos ninguén sabe onde), presenta un proxecto que, entre outras obras, inclúe a construción de dúas balsas, para despois enchelas de residuos contaminantes.

Liberdades

O retroceso en dereitos e liberdades, a debate en Compostela da man de Esculca

19 de marzo de 2018 | ‘Direitos en retrocesso’ é o título do debate organizado por Esculca, Observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades, para este sábado, día 17, en Compostela, a partir das 17:00 horas na Casa do Matadoiro.

Federación Sindical Mundial

As Ong e o seu papel

19 de marzo de 2018 | A Federación Sindical Mundial que representa a máis de 92 millóns de traballadores en 126 países nos 5 continentes, condena da maneira máis rotunda os feitos que saíron á luz acerca da Organización Non Gobernamental británica “Oxfam”

19 de abril greve estudantil

Convocan unha greve o 19 de abril en Galiza “por un ensino feminista e democrática”

19 de marzo de 2018 | A Asemblea Aberta de Mulleres anunciou esta cuarta feira en Compostela a convocatoria dunha greve estudantil en Galiza para o 19 de abril para defender un “ensino feminista e democrático”. As instan a que “o feminismo deixe de ser unha cuestión complementaria e pase a xogar un papel central” no ensino.

Lingua - A Mesa Pola Normalización Lingüística

Decenas de persoas reivindican os dereitos lingüísticos en Lugo

19 de marzo de 2018 | O pasado 26 de febreiro a cidadá galega Adela Figueroa dirixiuse a unha funcionaria do Servizo de Deportes da Xunta en Lugo para procurar información sobre clubes deportivos. Como a funcionaria lle respondeu en castelán, a administrada solicitou poder ser atendida en galego e foi neste intre cando comezaron os problemas.

Racismo institucional

Lavapiés: Basta de indiferenza

19 de marzo de 2018 | Axentes da policía perseguen ao manteiro senegalés Mame Mbaye durante 1 quilómetro. Mame Mbaye cae ao chan en parada cardíaca, a policía empuxa violentamente ao compañeiro que tenta reanimalo e impiden que sexa auxiliado ata que chega o Samur.

A mocidade presente nas loitas

Por que as mozas imos apoiar a loita dos pensionistas?

19 de marzo de 2018 | Vimos participando na loita polo dereito para decidir en Catalunya, contra a represión e no 8M. Agora tamén saímos á rúa xunto aos pensionistas.

Opinión - Santiago Lupe

Mulleres, pensionistas, precarios e mocidade: as pancas que están a crebar a restauración reaccionaria do PP

19 de marzo de 2018 | A 10 días do histórico 8M, esta fin de semana serán centos de miles os que sairán á rúa polas pensións, contra a Lei Mordaza ou o 155. A necesidade de unificar todas estas loitas e impoñer unha folga xeral contra o goberno e o Réxime.

Videos