• Número 385
  • 12 de marzo de 2018

Represión

Para a represión sempre hai diñeiro: 720 euros máis ao mes para a Garda Civil e 560 para a Policía Nacional

O aumento terá un custo de 1200 millóns de euros

O Ministerio do Interior e os sindicatos policiais e asociacións da Garda Civil pecharon definitivamente este xoves o acordo para a equiparación salarial dos funcionarios do Corpo Nacional de Policía e a Garda Civil cos Mossos d’Esquadra e a Ertzaintza. O acordo supoñerá un aumento medio de 720 euros mensuais durante o próximos tres anos para os axentes da Garda Civil e de 560 euros para os do Corpo Nacional de Policía. Segundo o Ministerio do Interior, o aumento será máis importante nas nóminas das categorías máis baixas. En total, o incremento salarial terá un custo de 1.200 millóns de euros en tres anos para as arcas públicas, 500 este 2018.

O acordo pon punto e final a unha reivindicación histórica das policías españolas que os sindicatos policiais atizaron despois do despregamento de miles de axentes en Cataluña para reprimir o 1-O, unha operación que custou 87 millóns de euros.

O anuncio chega despois de que este luns os sindicatos e as asociacións tiveron que suspender a votación dos seus afiliados sobre o acordo logrado previamente co ministerio froito dun ataque informático masivo sobre os sistemas de votación. A pesar desta imposibilidade de sometelo a votación, os sindicatos maioritarios e as asociacións decidiron seguir adiante coa sinatura porque entenden que están lexitimados en representación de máis do 80% dos axentes do Corpo Nacional de Policía e o 60% dos Gardas Civís.

Kaos en la red