• Número 385
  • 12 de marzo de 2018

Universidade

Concurso de méritos. Contencioso administrativo

Unha inoportuna enfermidade impide a realización da vista

A vista do recurso contencioso administrativo programada para o día 7, mércores ás 11 horas, non se levou a efecto pola enfermidade da representación da Universidade. Desexámoslle un pronto restablecemento.

A nova data está por determinar. Un balón de osíxeno para a Universidade que, deste xeito, aproveitará para impoñer a súa folla de ruta.

 

Como sinalamos noutras ocasións o recurso contencioso interpúxose ao non se contemplar na convocatoria as prazas vacantes do Servizo de Informática e Comunicacións (SIC). O recurso ten como finalidade obrigar á universidade a incluír no concurso as prazas que, por motivos descoñecidos, non aparecen.