• Número 385
  • 12 de marzo de 2018

A represión non ten límite

Murcia: Sanción de 1000 euros a un veciño do soterramento por comer pipas de maneira desafiante fronte aos axentes

Unha situación surrealista que define ben ás claras o estado da “democracia”

“Tales feitos poden ser cualificados como infracción GRAVE, sen prexuízo do resultado da instrución do presente procedemento, que é sancionable coa multa de 601 euros a 30.000 euros, de conformidade co disposto no art 39…” da Lei Mordaza. Pois total, flagrante violación aos dereitos básicos da cidadanía: mil euriños máis para as arcas do Estado e un novo precedente autoritario contra a libre expresión das persoas.

“Colocouse xunto á liña perimetral das vías colocadas polos axentes, mantendo unha actitude desafiante e provocadora cara aos axentes, á vez que comía “pipas” lanzando as cascas cara ao lugar onde se atopaban os actuantes”.

Kaos en la red