• Número 385
  • 12 de marzo de 2018

Liberdades

“A censura volve a España”

O prestixioso informativo Euronews faise eco das distintas decisións xudiciais que están a provocar perplexidade en todo o mundo, entre elas, o secuestro de Fariña.

“Case catro décadas despois do fin da ditadura, discútese a alegada censura a xornalistas, escritores ou cantantes por divulgaren textos considerados polémicos ou contra a monarquía española”, suliña o informativo Euronews, un dos máis prestixiosos do espazo político europeo, ao referirse á situación política e xudicial do Estado español.

Así, nunha noticia desta cadea faise alusión ao acontecido o pasado 1 de marzo, cando unha xuíza de Collado Villalba mandou retirar das librarías o libro Fariña, sobre o tráfico de droga do xornalista Nacho Carretero a petición do antigo rexedor do Grove, José Alfredo Bea Gondar.

Censura de volta a Espanha? | Euronews

Tamén lembra que hai unha semana, o Supremo Tribunal de España condenou o rapper Pablo Rivadulla, coñecido polo nome artístico de Pablo Hásel, a dous anos e un día de prisión por enaltecimento do terrorismo e por calumniar institucións españolas e estatais, en mensaxes na rede social Twitter e nunha canción publicada no YouTube.

E finalmente, alude ao acontecido en ARCO, en febreiro, coa obra do artista Santiago Sierra, "Presos Políticos na España Contemporánea", retirada da mostra a petición da organización por ser “demasiado polémica”. Unha decisión que foi fortemente criticada. 

Galicia Confidencial