• Número 385
  • 12 de marzo de 2018

Universidade

Reunión da Xunta de Persoal e posterior reunión da Xerencia coa Xunta de Persoal

12 de marzo de 2018 | Como vos anunciamos no anterior PASquín, a pasado día 8 realizamos unha nova reunión da Xunta de Persoal na que preparamos a posterior reunión convocada pola Xerencia.

Universidade

Concurso de méritos. Contencioso administrativo

12 de marzo de 2018 | A vista do recurso contencioso administrativo programada para o día 7, mércores ás 11 horas, non se levou a efecto pola enfermidade da representación da Universidade. Desexámoslle un pronto restablecemento.

Universidade

APA abrirá o seu local no CUR este luns de 19 a 21 horas

12 de marzo de 2018 | Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

10 de marzo, día da clase obreira galega

10 de marzo, exemplo e memoria

12 de marzo de 2018 | Aquel día foi venres, foi 10 de marzo, foi 1972, foi ditadura franquista, foi Amador e Daniel mortos a tiros por uniformes sen rostro que agochaban a violencia do capital contra o pobo traballador.

Persoal precario

3ª Marcha Do Persoal Precario Das Administracións Públicas

12 de marzo de 2018 | A CUT súmase á “MARCHA DO PERSOAL PRECARIO DA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA” que se realizará o vindeiro día 16, ás 10 horas no Parlamento en Santiago de Compostela, en defensa dos postos de traballo e na defensa duns servizos públicos de calidade.

UVIGO - PAS FUNCIONARIO

Eleccións á Xunta de Persoal da Universidade de Vigo

12 de marzo de 2018 | A Xunta de Persoal Funcionario de Administración e Servizos da Universidade de Vigo entra en proceso electoral. Como primeira actuación xa acordou o calendario electoral que principia o día 02 abril coa constitución da Mesa e finalizará o día 10 de maio coa votación.

CUT - ALTERNATIVAS NA XUSTIZA

A folga non se para, así non. Calendario de mobilizacións

12 de marzo de 2018 | Mentres a Xunta de Galicia pelexa a subida salarial céntimo a céntimo, pídelle ao comité de folga que baixe as súas pretensións en billetes azuis. Este é o "tira e afrouxa" da negociación. Un novo fracaso da Xunta mantén a folga indefinida

8-M. Folga feminista

Manifesto lido nas manifestacións convocadas

12 de marzo de 2018 | Reproducimos o manifesto lido na manifestación da Coruña. O manifesto é o mesmo que o que se leu en todas as mobilizacións da folga do 8-M adaptado á Coruña.

Administración Pública

Sindicatos maioritarios e goberno acordan a “subida” salarial d@s empregad@s públic@s

12 de marzo de 2018 | Xa hai acordo entre os sindicatos maioritarios e o goberno para o incremento salarial do persoal das administracións públicas. O acordo que se asinou este venres, día 9, abrangue os vindeiros tres anos e contempla unha serie de condicionantes que poñen en dúbida o incremento máximo anunciado.

XUNTA DE GALIZA

Convocatorias de procesos selectivos

12 de marzo de 2018 | Os DOG do día 07-03-2018 e do día 08-03-2018 publican as convocatorias para diversos procesos selectivos de Administración Xeral, Administración Especial e Persoal Laboral. O prazo para a presentación instancias é de 20 días naturais finalizando o día 27 de marzo. Garántese que o primeiro exame se realizará antes de 10 meses.

PENSIÓNS

A subida das pensións nin está nin lle espera

12 de marzo de 2018 | Analizamos as declaracións de todos os portavoces na Comisión de Seguimento do Pacto de Toledo, do Congreso dos Deputados, trala reunión do mesmo e mergullámonos nos mentideiros sobre o futuro inmediato da cuestión e o que se espera do pleno monográfico sobre pensións que convocou Mariano Rajoy para o vindeiro mércores.

Folga feminista 8-M

O feminismo fai historia nun 8M masivo en Galicia

12 de marzo de 2018 | Un antes e un despois. Galicia --e todo o Estado-- viviron este xoves unha "xornada histórica" de reivindicación feminista, cunha folga masiva que lembrará para sempre este 8 de marzo de 2018. Malia que a masiva mobilización do pasado domingo en Vigo facía prever un gran seguimento do paro e das manifestacións, o agromar definitivo das mulleres rebordou calquera previsión.

Oficina de Dereitos Sociais-Coia

Acción feminista en FENOSA contra a pobreza enerxética

12 de marzo de 2018 | As compas compostelás realizaron esta tarde unha acción nas oficinas de Gas Natural Fenosa para denunciar a pobreza enerxética que padecen as mulleres galegas.

Liberdades

“A censura volve a España”

12 de marzo de 2018 | O prestixioso informativo Euronews faise eco das distintas decisións xudiciais que están a provocar perplexidade en todo o mundo, entre elas, o secuestro de Fariña.

ADEGA

Comunicado de ADEGA perante un novo caso discriminación lingüística, desta volta en Lugo

12 de marzo de 2018 | Unha compañeira de ADEGA vén de sofrer un novo caso de discriminación por parte da Delegación da Xunta en Lugo, por utilizar o galego ao dirixirse ao funcionariado que lle negou seu direito a ser atendida en na nosa lingua. Este acto vulnera varios direitos civís ademais do mesmo Estatuto de Autonomia de Galiza.

Desafiuzamentos

O Concello de Madrid desafiuza a pesar das súas promesas

12 de marzo de 2018 | Esta mañá, día 9 de marzo, produciuse un intento de desafiuzamento e executouse outro, ambos de vivendas da Empresa Municipal de Vivenda e Chan de Madrid, que se comprometeu en setembro a non executar desafiuzamentos sen alternativa habitacional.

Pensións

A 'trampa' das privatizacións, máis preto de chegar ao sistema de pensións

12 de marzo de 2018 | O 2018 comezou no ámbito dos movementos sociais coas masivas mobilizacións pola defensa das pensións públicas. Falamos con representantes de MODEPEN, que naceu en Galiza en coordinación coas plataformas estatais, para coñecer a súa análise e os pasos que van dar nun futuro inmediato.

FEMINISMO

Ana Tijoux: “Non podemos pensar un feminismo, un antipatriarcado, sen un anticapitalismo”

12 de marzo de 2018 | Estamos enfrontadas e enfrontados á inexorable violencia e vivimos tempos moi álxidos, estamos fronte a momentos históricos onde a velocidade do mercado e a depravación deste non só parece carcomer a esencia da humanidade, tornando o mundo cara a un escurantismo dun fascismo exacerbado sen precedentes, se non que provoca a tremenda barbarie dun xenocidio perpetuado por séculos e séculos en contra da muller.

Lingua - A Mesa Pola Normalización Lingüística

Concentración: Polo dereito á atención en galego, 14 de marzo ás 12:00 h en Lugo

12 de marzo de 2018 | A Mesa fai un chamamento para defender socialmente a nosa lingua e os dereitos lingüísticos que temos como galegofalantes e como resposta ao caso de vulneración de dereitos lingüísticos acontecido a semana pasada na que unha cidadá non recibiu a atención en galego, despois de solicitalo, no edificio administrativo da Xunta en Lugo

Represión

Para a represión sempre hai diñeiro: 720 euros máis ao mes para a Garda Civil e 560 para a Policía Nacional

12 de marzo de 2018 | O Ministerio do Interior e os sindicatos policiais e asociacións da Garda Civil pecharon definitivamente este xoves o acordo para a equiparación salarial dos funcionarios do Corpo Nacional de Policía e a Garda Civil cos Mossos d’Esquadra e a Ertzaintza.

A represión non ten límite

Murcia: Sanción de 1000 euros a un veciño do soterramento por comer pipas de maneira desafiante fronte aos axentes

12 de marzo de 2018 | “Tales feitos poden ser cualificados como infracción GRAVE, sen prexuízo do resultado da instrución do presente procedemento, que é sancionable coa multa de 601 euros a 30.000 euros, de conformidade co disposto no art 39…” da Lei Mordaza.

Opinión - Brais González Pérez

Esquirolaxe cidadá e dignidade na folga da xustiza

12 de marzo de 2018 | Preguntaranse que fai un avogado desconfiando ou porfiando da Xustiza. Que ninguén o tome moi a peito tampouco. Déixeno quedar, se queren, nunha desconfianza desta xustiza do aquí e do agora.

TAMÉN NESTA SEMANA: O Persoal precario en loita

TAMÉN NESTA SEMANA: Loita polas pensións

Videos