• Número 385
  • 12 de marzo de 2018

Administración Pública

Sindicatos maioritarios e goberno acordan a “subida” salarial d@s empregad@s públic@s

Unha traizón tras outra demostra que a loita é o único camiño

Xa hai acordo entre os sindicatos maioritarios e o goberno para o incremento salarial do persoal das administracións públicas. O acordo que se asinou este venres, día 9, abrangue os vindeiros tres anos e contempla unha serie de condicionantes que poñen en dúbida o incremento máximo anunciado.

O acordo fixa un incremento de retribucións fixo dun 1,75% este ano, un 2.25% o ano 2019 e un 2% no ano 2020.

Establécese un posible incremento variable en función do Produto Interior Bruto. De se manter dentro do fixado por Bruxelas, habería unha suba do 0,20% no ano 2018, 0,25% o ano 2019 e o 1% o ano 2020.

De producirse unha redución do déficit nas administracións públicas, subirase un 0.55% no período.

EVOLUCIÓN DO PIB 2018 2019 2020 Acumulado
Fixo (para 2018 inclúe a parte variable por crecemento PIB igual ou superior ao 3,1%) 1,75% 2,25% 2,00% 6,1
PIB igual ao 2,1% 1,75% 2,30% 2,20% 6,4
PIB igual ao 2,2% 1,75% 2,35% 2,40% 6,6
PIB igual ao 2,3% 1,75% 2,40% 2,60% 6,9
PIB igual ao 2,4% 1,75% 2,45% 2,80% 7,2
PIB igual ou superior ao 3,1%,/2,5% 1,75% 2,50% 3,00% 7,42
Fondos adicionais (0,20%/0,25%/0,30%) 1,95% 2,75% 3,30% 8,21
Total anual escenario de mínimos (fixo máis fondos adicionais) 1,95% 2,50% 2,30% 6,90
0,55% adicional por cumprimento de déficit en 2020 3,85% 8,79
Total anual escenario de máximos 1,95% 2,75% 3,85% 8,79

Resumo das retribucións no período 2018-2010. / CADENA SER

Establécese, neste caso suxeito á negociación en cada administración,  do 100% en caso de enfermidade.

Establécese, tamén, a posibilidade, suxeita tamén esta circunstancia á negociación en cada administración,  de que se volvan a fixar as 35 horas a semana, pero sempre que se cumpran obxectivos de gasto.

O acordo asinado contempla, tamén, un apartado de reposición de efectivos que analizaremos polo miúdo no vindeiro PASquín. O que neste aspecto transcende é o seguinte:

Oferta de Emprego Público ordinaria

En canto ao emprego, pactouse para 2018 a taxa de reposición do 100% para todas as Administracións Públicas que cumprisen os obxectivos de estabilidade orzamentaria e a regra de gasto. Esta taxa poderase elevar ao 108% nos casos daqueles sectores ou ámbitos que requiran un esforzo adicional de efectivos. Nas administracións locais, o 108% poderá elevarse se carecen de débeda viva ou se por incremento de poboación nos próximos anos teñen que prestar novos servizos.

As Administracións Públicas que non cumprisen o obxectivo de déficit, débeda ou regra de gasto, terán unha taxa de reposición do 100% en sectores prioritarios (sanidade, educación, xustiza e servizos sociais, principalmente) e do 75% no resto. Poderán incorporar un 5% da súa taxa en sectores ou ámbitos que requiran un reforzo adicional.

Así mesmo aprobouse un taxa do 115% para forzas e corpos de Seguridade do Estado, Policías autonómicas e locais.

Oferta de Emprego Público excepcional - proceso de estabilización

Estabilización de todas as prazas do sector público ocupadas de forma temporal e ininterrompida nos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2017, para reducir a temporalidade por baixo do 8% en tres anos. Estas prazas sumaríanse ás preto de 300.000 que incluía o acordo asinado en marzo. Segundo a EPA do cuarto trimestre de 2017, a temporalidade no sector público alcanza o 24% e cabe destacar que a taxa entre as mulleres mantense en case dez puntos por encima da dos homes (28,4% fronte ao 18,6%).”

Reclamamos que, despois do concurso de méritos correspondente, se convoquen todas as prazas que aparecen vacantes na RPT. Se están na RPT están orzamentadas, polo tanto non supoñen incremento económico. O procedemento acordado, ao se contemplar exclusivamente as prazas que levan máis de tres anos ocupadas, só serve para tapar as ilegalidades cometidas pola administración.

No que se refire ao salario o único seguro e o incremento retributivo fixado no primeiro parágrafo. Os sindicatos maioritarios renuncian (de facto xa levan anos sen reivindicalo) á recuperación do poder adquisitivo dos nosos salarios. Como vedes moitos dos aspectos quedarán a decisión do sr. Núñez Feijoo que sen dúbida aplicará a vara máis estrita, polo menos, até que haxa novas eleccións.

Se renunciamos á mobilización estamos perdid@s.

@s compañeir@s da xustiza marcan o camiño a seguir na loita polos dereitos. Demostrarán, na práctica, que a loita serve. Reafirmámonos na nosa alternativa:

A loita é o único camiño!!