• Número 385
  • 12 de marzo de 2018

CUT - ALTERNATIVAS NA XUSTIZA

Xustiza segue en folga no 8M. Calendario de mobilizacións

Ferrol, @s traballador@s da xustiza en loita!

Mentres a Xunta de Galicia pelexa a subida salarial céntimo a céntimo, pídelle ao comité de folga que baixe as súas pretensións en billetes azuis. Este é o "tira e afrouxa" da negociación. Un novo fracaso da Xunta mantén a folga indefinida

A folga na Xustiza continuará, pendente de que a semana que vén volvan sentar Xunta e sindicatos, e despois de horas de negociacións con varios recesos e até tres propostas por parte da Administración galega: a última, 105 euros máis ao mes, de forma lineal para todos os corpos do sector —auxilios, tramitadores e xestores—, un incremento que empezaría a cobrarse parcialmente este 2018, alcanzando o total en tres anos.

Os sindicatos rexeitan a nova oferta da Xunta e manteñen a folga indefinida na Xustiza
Ligazón á noticia - Galicia Confidencial

A oferta da Xunta non convence aos sindicatos da Xustiza, que manteñen a folga
Ligazón á noticia - Faro de Vigo

Xunta e sindicatos non logran un acordo pese ás novas ofertas e a folga de xustiza segue

Ligazón á noticia - Europapress

A Xunta aumenta un 35 % a súa oferta de subida salarial, pero os sindicatos de Xustiza veno insuficiente

Ligazón á noticia - La Voz de Galicia ed. Santiago

Declaracións portavoz comité de folga

A folga d@s traballador@s da xustiza dependentes da Xunta -uns 2.700- provocou a suspensión xa de 12.000 xuízos e outros miles de trámites legais ao superarse o mes de paro.

Executivo e sindicatos reuniranse mañá, día 9, para tentar achegar posturas e desbloquear a situación, coa novidade por parte do primeiro, que abriu a porta para mellorar a súa última oferta de mellora salarial, que oscila entre 816 e 1.080 euros anuais en función da categoría, aínda que descartando os 2.700 demandados polos empregados para equipararse aos seus homólogos das comunidades con competencias transferidas. A económica non é a súa única demanda, pero si a que se antolla ata agora imposible de acordar.

A Xunta ofreceu ao comité de folga dúas opcións para retomar o diálogo -hoxe e mañá-, tendo en conta a celebración hoxe do Día Internacional da Muller Traballadora e o paro convocado a nivel internacional en contra da súa discriminación. O comité, composto por SPJ-USO, Alternativas na Xustiza-CUT, UXT, STAJ, CSIF, CIG e CCOO, elixiu mañá para non coincidir co 8-M. "O xoves debe ser para a folga de mulleres. Os traballadores da xustiza, que levamos un mes de folga, non podemos sacar protagonismo ás mobilizacións das mulleres", expuxeron fontes sindicais a Europa Press

A folga provoca a parálise total nos xulgados de Carballo e Corcubión

Ligazón á noticia - La Voz de Galicia

A cita para desbloquear o conflito na xustiza celébrase mañá sen Rueda
Ligazón á noticia - Faro de Vigo

Feijóo aconsella aos sindicatos "que non politicen a negociación" en Xustiza

Ligazón á noticia - Faro de Vigo

Feijoo desliza que a Xunta fará unha nova oferta para poñer fin á folga da Xustiza

Ligazón á noticia - La Voz de Galicia 

Catro forenses e unha letrada xudicial fan paradas polo 8M nos tribunais
Ligazón á noticia - La Voz de Galicia

Calendario de mobilizacións