• Número 385
  • 12 de marzo de 2018

Universidade

As vosas colaboracións. Cartas que recibimos

Agradecemos as vosas colaboracións. Se non nos implicamos tod@s, fracasaremos

Aplicar a legalidade

Hai cousas que son propias da negociación e outras nas que hai que aplicar o que determina a lei. Á primeira condición pode corresponder a mellora de emprego, algo que deberiades reconsiderar porque do xeito que se pactou só beneficia aos que xa están nunha mellor situación laboral. Á segunda condición, á de aplicar a legalidade, corresponde o procedemento de toma de posesión das prazas conseguidas no concurso de traslados das e dos funcionarios que están nunha comisión de servizos. Reclámovos, como representantes que sodes do colectivo, tanto de funcionarias/os de carreira como do persoal interino que esixades a aplicación da lei no proceso de toma de posesión das prazas no concurso de traslados que está a piques de rematar.

 

Toma de posesión

Da reunión que tivestes o día 6 transcendeu que o xerente non está de acordo con que no concurso se tome posesión das prazas desde o posto que se ten en propiedade. Ides facer algo?