• Número 384
  • 05 de marzo de 2018

Universidade

8 de marzo. Folga feminista de 24 horas. Servizos mínimos

07 de marzo de 2018 | No DOG de hoxe fíxanse os servizos mínimos da folga de mulleres convocada para mañá, día 8 de marzo.

Universidade

Reunión da Xunta de Persoal e posterior reunión da Xerencia coa Xunta de Persoal

05 de marzo de 2018 | O vindeiro martes, día 6, convocados polo xerente, realizarase unha nova reunión da Xerencia coa Xunta de Persoal. Previamente a Xunta de Persoal reunirase para analizar as propostas da Xerencia e tomar as decisións que correspondan. Na reunión da Xunta de Persoal debateremos sobre o procedemento de toma de posesión das prazas do concurso.

Universidade

Información do Consello de Goberno do 28/02/2018

05 de marzo de 2018 | O pasado día 28 realizouse unha nova reunión do Consello de Goberno, a temática xeral xirou, unha vez máis, arredor de asuntos de interese para o colectivo de persoal docente e investigador. Non obstante a representación do PAS presente na sesión, reflectiu os temas de máis interese para o colectivo.

Universidade. Folga de mulleres. Servizos mínimos

O equipo de goberno da universidade non favorecerá a participación das mulleres na folga do 8 de marzo

05 de marzo de 2018 | Na cidade da Coruña o día 8 de marzo, data da folga de mulleres convocada a nivel internacional é festa local, non así en Ferrol e Oleiros. No Consello de Goberno do día 28 de febreiro, o xerente informou da convocatoria da folga do día 8 de marzo, sinalou os servizos mínimos que, de xeito informal, lle manifestaran desde a Xunta de Galiza, pero, a requirimento da representación do PAS de que se instase o nomeamento para os servizos mínimos de homes para facilitar a participación das mulleres, que así o desexasen, negou taxativamente esta posibilidade.

Universidade

Concurso de méritos. Contencioso administrativo

05 de marzo de 2018 | O vindeiro día 7, mércores ás 11 horas, realizarase a vista do recurso contencioso que interpuxemos CCOO e APA contra o concurso de traslados porque non contempla todas as vacantes. A folga das compañeiras e compañeiros da xustiza pon un interrogante á hora de ter a seguridade de que se celebre. Se se leva a termo o acto supoñemos que rematará co procedemento á espera de sentenza, de non se poder realizar pola causa indicada fixaríasenos unha nova data circunstancia que pode levar aparellada un retraso considerable.

A CUT POLA FOLGA FEMINISTA - Entrevistas

8-M FOLGA FEMINISTA: “O director da empresa espetoume: ‘eu son o xefe e digo cando se fala’”

05 de marzo de 2018 | Ser muller, traballadora, sindicalista e feminista constitúen o desafío e batalla do día a día para boa parte das nosas compañeiras. Convértense en catro loitas que se desenvolven no cotiá, ás veces en forma de batalla e outras, en simple supervivencia. Un dos múltiples exemplos que temos neste sindicato é Xemma Novelle, compañeira de Vigo que traballa en Procsa, empresa de produtos alimenticios precociñados e ultraconxelados.

Universidade

APA abrirá o seu local no CUR este luns de 17:30 a 19:30 horas

05 de marzo de 2018 | Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 17:30 até as 19:30 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

USC -PAS LABORAL

USC. PAS laboral, formación

05 de marzo de 2018 | O Comité Intercentros dirixiuse ao xerente para solicitar que se teñan en conta as seguintes cuestións en relación coas convocatorias de formación na USC destinadas ao PAS laboral:

CUT - ALTERNATIVAS NA XUSTIZA

Guerra de cifras sobre a folga na Xustiza: “Sabemos cantos van porque lles pagamos a nómina”, di Feijóo

05 de marzo de 2018 | A Xunta admite que hai colpaso pero reduce a participación ao 38% dos funcionarios. Feijóo volve a atacar aos sindicatos, aos partidos da oposición por "politizar o conflito" e acusa aos funcionarios de prexudicar aos cidadáns. Con todo, pídelle unha “tregua” para que abandonen a folga e negocien con Alfonso Rueda.

8M. Galiza Contrainfo

8-M. Cara a folga feminista

05 de marzo de 2018 | Camiñamos cara a folga feminista e a poucos dias deste 8 de marzo estreamos videoreportaxe e conversa con mulleres de distintos colectivos feministas, sindicais e sociais para reflexionarmos sobre coidados, folga laboral, violencia, ensino, e moito máis.

LIBERDADES

Estudantes de Vilagarcía desafían a orde do xulgado de Madrid e realizan unha lectura pública de Fariña

05 de marzo de 2018 | Foi o xeito que tiveron os rapaces dos catro institutos desta localidade de defender a liberdade de expresión e das ideas.

Sanidade Pública. A Mariña

A plataforma sanitaria da Mariña clama por unha sanidade pública "de calidade e de proximidade"

05 de marzo de 2018 | Unhas 6.000 persoas saíron ás rúas de Burela para que se manteña a área sanitaria e se retire a lei de saúde.

PENSIÓNS

Centos de pensionistas galegos saen á rúa para denunciar a "suba de merda" do 0,25%

05 de marzo de 2018 | Centos de pensionistas galegos protestaron este xoves con lazos marróns nas sete cidades e en municipios como A Coruña, Compostela, Foz, Viveiro, O Barco... para denunciar a "suba de merda" do Goberno do 0,25% das súas pensións.

Manifestación do día 4. Camiñando cara a folga feminista do día 8

Manifesto de Galegas 8M para o Día das Mulleres 2018

05 de marzo de 2018 | A axenda feminista galega non para de encherse de actividades. Agora que realizamos a gran Manifestación do 4 de marzo en Vigo, chega a recta final cara á e a Folga de Mulleres do 8 de marzo. Deseguido reproducimos o manifesto da convocatoria que podes apoiar na páxina: https://galegas8m.wordpress.com/adhesions-manifesto2018/

Sanidade Pública

que é un PAC?

05 de marzo de 2018 | Poida que estes dias escoitases algo, vises algunha foto, dunhas xentes vestidos con uniformes de distintas cores, formas, talvez poidas pensar que eran ambulancieros, cociñeiros, persoal de limpeza, unha mestura... todo isto diante da consellaría de sanidade e non teñas moi claro de que vai a película.

Non á mina de Touro!

Mina de Touro-O Pino. O demo tira ao inferno

05 de marzo de 2018 | Pois xa parece claro, o sr. Núñez Feijóo non está disposto a deixar o cargo sen agasallarnos co herdanza envelenada de unha macromina a ceo aberto. Deixouse tentar primeiro pola estafa de un bufette lobbista canadiano disfrazado de empresa mineira que prometía o ouro e o mouro, pasando polo cianuro, en Corcoesto, e agora contraataca con un avatar cupro-chipriota de Riotinto en Touro.

Sanidade pública

Luisa Lores: “Imos cara a unha sanidade ‘yankee’ na que a promoción da saúde non importa”

05 de marzo de 2018 | Luisa Lores foi directora do Complexo Hospitalario de Pontevedra, é experta en procesos de privatización sanitaria e activista da Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública (AGDSP). Falamos con ela para coñecer os perigos do modelo sanitario que se está a impor no país.

PERSOAL PRECARIO

Nova manifestación nacional do persoal precario das Administracións Públicas de Galiza

05 de marzo de 2018 | @s traballador@s da administración, interin@s e temporais, estamos organizándonos para reclamar, nin máis nin menos, o que entendemos nos pertence. Á vista de que as centrais sindicais do sistema non vehiculizan as nosas aspiracións, unímonos, á marxe deses sindicatos maioritarios, para intentar facer efectivos os nosos dereitos, ben mediante recursos xudiciais, ben mediante a mobilización. O persoal precario das administracións galegas convocamos unha nova manifestación (o ano pasado xa fixemos outra) o vindeiro día 16 de marzo, ás 10 da mañá con saída desde o Parlamento de Galiza. Eu estarei alí. Agardo a túa presenza.

Liberdade de expresión

Condenan a Pablo Hasel a dous anos e un día de cárcere por enaltecemento

05 de marzo de 2018 | Dous anos e un día e 24.300 euros de multa é a nova condena que enfronta agora o rapeiro. Hasel ten agora uns días para presentar recurso ante o Tribunal Supremo, o que atrasaría o ingreso en prisión á espera de que este Tribunal ratifíquea ou o absolva.

8-M FOLGA FEMINISTA

ENTREVISTAS 8M-FOLGA FEMINISTA: “Os homes pódennos quitar o posto de traballo só con ser homes e non ter útero”

05 de marzo de 2018 | O 53,4 por cento dos contratos cunha duración de unha semana a un mes realizáronse ás mulleres. O dato, que recolle o balance do Instituto Galego de Estatística con respecto aos primeiros nove meses do 2017, tamén sinala que o 54 por cento dos contratos indefinidos foron asinados por homes. Que sucede cos contratos que se estenden máis dun ano? O 57% realizados a homes. E os que duran de un mes a seis meses? 51,3 por cento mulleres. E de seis meses a un ano? 51,8% mulleres.

Lingua - A Mesa Pola Normalización Lingüística

A Mesa denuncia que a política lingüística do PP fai retroceder o galego

05 de marzo de 2018 | A Mesa denuncia que a política lingüística da Xunta de Galiza está a provocar un retroceso acelerado de uso do galego. Este proceso premeditado nótase especialmente na perda de transmisión xeracional e no descenso do uso do galego nas cidades e na xente nova.

"francocracia" española

Ángeles Diez , socióloga: "A idea de que vivimos en democracia derrubouse como un castelo de naipes"

05 de marzo de 2018 | A pasada semana, España volvía ocupar as portadas da prensa europea, pola concatenación dunha serie de noticias moi difíciles de compatibilizar coa imaxe de "Estado democrático e de dereito" que as institucións do Réxime se esforzan por exportar.

Pobreza infantil

1.400.000 nenos españois en situación de pobreza severa

05 de marzo de 2018 | Segundo datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), hai 1,4 millóns de nenos en situación de pobreza severa no Estado español. Esta clasificación aplícase a aqueles que, ademais de sufrir outras moitas carencias, non poden comer carne, pito ou peixe cada dous días, nas súas casas non teñen calefacción ou lavadora e non poden facer fronte a imprevistos como repoñer material escolar.

Comunicado da CUT

O fascismo, a conto de Ermengol Gassiot

05 de marzo de 2018 | Neste cada vez máis escandaloso Réxime Borbónico do 78, o esperpento tenebroso do fascismo segue camiñando sen inmutarse. Acaba de ser detido pola policía o dirixente sindical Ermengol Gassiot, á vez Secretario Xeral da CGT de Catalunya.

TAMÉN NESTA SEMANA

Videos