• Número 383
  • 26 de febreiro de 2018

Concurso de méritos PAS funcionario: Puntuacións e proposta provisional de adxudicacións

Concurso de méritos PAS funcionario: Acta con criterios e puntuacións do proxecto

Universidade

Resumo da reunión Xerencia-Xunta de Persoal do día 19/02/2018

26 de febreiro de 2018 | O pasado día 19 realizouse unha reunión que convocada pola Xerencia tivo como tema principal, tal e como vos anunciamos, tratar sobre as “Cuestións derivadas do nomeamento de persoal do subgrupo A2”. Como tod@s supoñedes, a situación que nos presentou o xerente deriva da convocatoria de promoción dun número máis alto de prazas que de vacantes.

Universidade

Constitución do grupo de traballo de conciliación-acción social

26 de febreiro de 2018 | O venres día 23 constituíuse o grupo de traballo que debaterá sobre os temas de conciliación-acción social. As materias que se estudarán son as que, en repetidas ocasións, se lle transmitiron á Xerencia.

Universidade

Día 28, reunión do Consello de Goberno

26 de febreiro de 2018 | O día 28 realizarase unha nova reunión do Consello de Goberno. Como facemos habitualmente, poñémonos ao voso dispor para transmitir todo que poida ser do voso interese. Pola nosa parte estamos a elaborar os temas que trataremos na reunión, facendo fincapé, unha vez máis, en todos os temas que vos adiantamos no PASquín.

Orde do día

Universidade

APA abrirá o seu local no CUR este luns de 19 a 21 horas

26 de febreiro de 2018 | Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

A CUT POLA FOLGA FEMINISTA

24 horas, contra a violencia machista e a precarización das nosas vidas

26 de febreiro de 2018 | Este 8 de marzo as mulleres levaremos a cabo unha folga feminista de 24 horas en catro eidos: o laboral, os coidados, o consumo e o estudantil. A aposta da CUT polo formato de 24 horas desta folga débese a que esta é a solicitude do propio movemento feminista que impulsa a convocatoria.

USC. PAS LABORAL

USC. Trienios, plan de pensións e roupa de traballo

26 de febreiro de 2018 | O Comité Intercentros de PAS laboral da USC ven de dirixir senllos escritos á Xerencia da Universidade nos que, por un lado reclama o cómputo, para os trienios do persoal laboral, o tempo realizado na prestación social substitutoria ao servizo militar, por outro lado reclama información sobre as aportacións ao plan privado de pensións contemplado no Convenio Colectivo e tamén publicamos, para a vosa información, as instrucións de Xerencia da Universidade de Compostela nas que se determina a roupa de traballo do persoal laboral.

CUT - ALTERNATIVAS NA XUSTIZA

Paralización total na xustiza despois de 17 días de folga indefinida

26 de febreiro de 2018 | A folga de Xustiza en Galicia, que hoxe suma a súa décimo terceira xornada, deixa cada día un regueiro de damnificados. Case sempre son os usuarios, que ven como o xuízo que tiñan sinalado se suspende -xa van máis de 7.000- ou algún dos trámites que querían realizar non poden facelo -atrasáronse máis de 20.000-.

LIBERDADES

“O secuestro de ‘Fariña’ pon en perigo a liberdade de información”

26 de febreiro de 2018 | O Colexio de Xornalistas de Galicia expresa a súa "preocupación" pola "posta en perigo" da liberdade de información e amosa o seu respaldo ao xornalista coruñés.

Coordinadora antiprivatización da sanidade pública

As empresas de sanidade privada, directamente no goberno

26 de febreiro de 2018 | Recollemos a información da que se fai eco a Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública, publicada no BOE do día 14 de febreiro de 2018, que establece a nova composición do Consello Asesor de Sanidade nomeado pola ministra Dolors Monsterrat.

SENTENZA

O Xulgado do Contencioso de Vigo ven de recoñecer o dereito á indemnización ás funcionarias interinas da Universidade de Vigo

26 de febreiro de 2018 | O Xulgado do Contencioso Administrativo num.1 de Vigo recoñeceu, en Sentenzas firmes ditadas o pasado 14 de decembro de 2017, o dereito de varios funcionarios interinos da Universidade de Vigo, cesados con ocasión da execución da nova Relación de Postos de Traballo.

DISCRIMINACIÓN

Sexismo e transfobia nas tendas de Inditex

26 de febreiro de 2018 | Clientes de Bershka e Zara denuncian que non lles deixaron entrar en probadores de ámbalas tendas xa que os seus dependentes consideraron que o seu xénero non era o adecuado, seguindo unha suposta "política de probadores" que non recoñece a diversidade das identidades de xénero.

FOLGA DA XUSTIZA. PABLO VALEIRAS, MEMBRO DO COMITÉ DE FOLGA

“A actitude da Xunta na greve da xustiza é de prepotencia e mentira”

26 de febreiro de 2018 | As traballadoras e traballadores da xustiza levan en folga desde o 7 de febreiro. Fano cunhas porcentaxes de seguimento que, segundo os sindicatos, chegan ao 90% en toda Galiza. Esta segunda feira, día 19, o comité de folga manterá unha reunión cos responsábeis da Xunta de Galiza. Falamos, ao respeito, con Pablo Valeiras (CUT).

Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións

Co diñeiro que o goberno rouba aos pensionistas, rescatan ás autoestradas

26 de febreiro de 2018 | Despois de ser negado por distintos dirixentes do Partido Popular, o Goberno vai pagar o diñeiro que deben as concesionarias das autoestradas crebadas. E vano a pagar en concepto de Responsabilidade Patrimonial da Administración que significa darlles diñeiro polos investimentos que estas realizaron na súa construción.

VERDEGAIA

Feijoo, Israel e a Lei de Depredación

26 de febreiro de 2018 | Cando cualificamos á Lei de Fomento da Implantación de Iniciativas Empresariais como lei de Depredación se cadra non imaxinabamos o peso que podía chegar a tomar esa palabra. Sinalamos con ese termo a busca do negocio a custa da nosa natureza e dereitos colectivos.

KIKO DA SILVA SOBRE O DÍA DE ROSALÍA

“Sen Rosalía o feminismo galego non estaría tan avanzado”

26 de febreiro de 2018 | Para o debuxante Kiko da Silva (Vigo, 1979), Rosalía de Castro é posicionarse coas persoas subalternas. Por iso identifica a figura da poeta coa emancipación feminista e a dignificación dunha lingua negada, o galego. “Sen ela, o feminismo galego non estaría tan avanzado, aínda que haxa moitas eivas, por suposto”, considera a véspera do Día de Rosalía de Castro.

ADEGA

Demoledor informe de Agricultura contra a mina de ERIMSA en Mesía: a que agarda Industria para rexeitar o proxecto?

26 de febreiro de 2018 | 8 meses despois da emisión por parte de Medio Rural do informe preceitivo sobre o proxecto de mina de seixo en Mesía, e tras reiteradas peticións dende o Parlamento por parte do grupo do BNG, vimos de coñecer o contido deste informe. As conclusións son rotundas e demoledoras:

Galiza. Sanidade

Os celadores sanitarios de Galiza reclaman unha formación regrada que regule as súas tarefas

26 de febreiro de 2018 | A Asociación Galega de Celadores de Institucións Sanitarias (AGACIS) deu inicio a unha campaña a favor da cualificación profesional dos celadores e dunha formación regulada previa baixo a que se ampare o oficio, ante a case nula aplicación da normativa actual na comunidade galega.

4 DE MARZO MANIFESTACIÓN NACIONAL

O feminismo galego manifestarase o 4 de marzo en Vigo

26 de febreiro de 2018 | A manifestación unitaria do feminismo galego terá lugar este ano en Vigo o domingo 4 de marzo. A marcha unitaria descentralizase por primeira vez fóra de Compostela e nos vindeiros anos quérese que teña un carácter rotatorio polas distintas cidades de Galicia, co obxectivo de "fortalecer redes entre as mulleres do país e apoiar e amosar a forza do movemento feminista noutros lugares". A mobilización, que incluirá concertos e un recital poético, servirá para difundir a folga xeral de mulleres convocada para o xoves 8 de marzo.

Lingua - Redacción@prazapublica

A poboación co galego como lingua inicial cae 20 puntos en só dúas décadas

26 de febreiro de 2018 | "Algo está fallando cando o noso ordenamento legal desde os inicios da autonomía prevé avanzar cara a unha situación de normalidade do galego e de igualdade co castelán e, pola contra, unha parte crecente dos e das galegas sente unha presión cada vez máis forte para abandonar o galego e adoptar o castelán".

LIBERDADES DEMOCRÁTICAS

Españois, a liberdade de expresión morreu

26 de febreiro de 2018 | Hai tempo que é difícil falar de liberdade de expresión no Estado español. De feito, é cada vez máis difícil falar, escribir ou cantar, en especial se se é disidente (e de esquerdas). É necesaria unha mobilización que enfronte esta ofensiva represiva.

Pobreza enerxética

“A enerxía parece un luxo e é un dereito”

26 de febreiro de 2018 | O 11% da poboación española ten que elixir entre comer ou pagar as facturas das subministracións básicas. Mentres, as compañías enerxéticas aumentan os seus beneficios e non dubidan en incrementar as tarifas: a electricidade subiu máis de un 83% desde 2013 e a auga encareceuse en un 65% desde 2008. Falamos de pobreza enerxética con María Campuzano, portavoz e coordinadora de a Alianza contra a pobreza enerxética (APE), unha rede de entidades e colectivos que se uniron en 2014 para dar voz e proporcionar apoio a persoas que sufriron cortes de subministracións básicas (auga, luz ou gas) por non poder pagalos ou están en risco de desconexión por este motivo.

Opinión-Andrea Barberá e Julia Chirila

A folga do 8M tamén cuestiona a Universidade

26 de febreiro de 2018 | A uns quince días do 8M na universidade preparámonos e organizamos para esta xornada de loita. Neste contexto cuestionámonos como está estruturada a universidade e como esta nos afecta a nós como estudantes, investigadoras, profesoras e traballadoras.

Videos