• Número 381
  • 12 de febreiro de 2018

PENSIÓNS

O PP move ficha definitiva e pide a España que poña o diñeiro en empresas privadas se se quere cobrar pensións

O movemento do Goberno é especialmente significativo nun momento en que o Pacto de Toledo se atopa en plena revisión

Mariano Rajoy, anunciou que esta mañá (9 de febreiro) o consello de ministros aprobará un decreto para incentivar os plans de pensión privados. Un goberno ao servizo da empresa privada, obediente con quen o puxo aí.

O movemento do Goberno é especialmente significativo nun momento en que o Pacto de Toledo se atopa en plena revisión no Congreso e téntase atopar o acordo entre os grupos parlamentarios para modificar o sistema de pensións públicas. Neste debate, coa xogada Rajoy sitúase a favor dos que piden que a xubilación descanse máis no aforro privado, en contra dos que defenden que se debe fortalecer o sistema de pensións público para diminuír as desigualdades.

O obxectivo do PP é “incentivar” os plans de pensións privados, sen lembrar que as empresas cando teñan que pagar pódense ir co seu botín a un paraíso fiscal e deixar aos aforradores mirando o horizonte. Para ese momento o Consello de ministros do 2018 será historia, xa farían o seu traballo.

Insurgente.org