• Número 381
  • 12 de febreiro de 2018

LIBERDADES

Convocatorias arredor do mundo denunciarán a falta de liberdade de expresión no Estado español

#KallaLaBoca #Anonymous #OpFreeSpeech. Impúlsanse mobilizacións no Estado español e en cidades do mundo

Impulsadas polas vítimas do actual xaque do goberno español á liberdade de expresión, a liberdade de información e a liberdade ideolóxica, convócanse distintas mobilizacións en varias cidades do Estado así como varias convocatorias internacionais, que levarán a cabo os próximos días 13 e 14 de febreiro.

Os procesados da Operación Araña, a Plataforma de Solidariedade con Pablo Hasel, Valtonyc, A Insurxencia e moitos outros represaliados están a traballar de forma coordinada con moitos outros grupos para sacar adiante as convocatorias. Chaman a estender o número de cidades convocantes.

________________

[#KallaLaBoca] Impúlsanse convocatorias ao redor do mundo denunciando a falta de liberdade de expresión no estado español con #Anonymous #OpFreeSpeech

Impúlsanse convocatorias en todas as cidades do mundo pola falta de liberdade de expresión no estado español e en solidariedade con condenados Pablo Hasel, Valtonyc, Boro (Lahaine), A Insurxencia, Alfredo Remirez e Julen Ibarrola

ABSOLUCIÓN PARA TODXS XS REPRESALIADXS POR EXPRESARSE!

No estado español, en pleno século XXI, non se respecta o dereito á liberdade de expresión. Actualmente, máis de 20 artistas (poetas, rapeiros, titiriteiros, etc…) enfróntanse a condenas de prisión e elevadas multas por expresarse mediante a arte.

Valtonyc (rapeiro) foi condenado a case 4 anos de cárcere polas súas cancións, Pablo Hasél (rapeiro) podería entrar 12 anos a prisión polas súas cancións e tweets, Os 12 raperos do colectivo musical ‘A Insurxencia’ foron condenados a 2 anos e 1 día de prisión polas súas cancións, o artista audiovisual Resistencia Films foi citado na Audiencia Nacional e pídenlle 2 anos de prisión por entrevistar a ex-presos políticos e facer material audiovisual denunciando inxustizas…

Alfredo Remírez foi a primeira persoa en entrar a prisión no Estado español por expresarse mediante as redes sociais, condenado a 1 ano de cárcere.

Tamén recentemente sóubose que o mozo de Amurrio Julen Ibarrola ten orde inminente de entrada o domingo en prisión por unha simple pintada cun rotulador.

Hai outras 75 persoas máis procesadas dentro da chamada ‘Operación Araña’ por expresarse mediante redes sociais, e moitas xa condenadas, entre as cales está o xornalista Boro LH, que xa foi condenado a 1 ano e medio de prisión por expresarse mediante as súas redes, e ao que queren condenar a 6 anos de cárcere e máis de 6.000 euros de multa por defender o dereito á información, cubrindo unha manifestación para o seu medio de comunicación.

A lista, por desgraza, é interminable… Por iso, anunciamos que haberá unhas concentracións pola liberdade de expresión o martes 13 de febreiro e miercoles 14 de febreiro ás 19 ou 20 h en diversos puntos do planeta, na que denunciaremos que o Estado español non respecta o dereito a expresarse libremente e está a perseguir e encarcerando a persoas por expresar a súa opinión e os seus sentimentos, xa sexa mediante a arte, mediante redes sociais ou mediante medios de comunicación. Isto é completamente inadmisible e non debemos mirar cara a outro lado, pois ante unha inxustiza, a neutralidade é o búnker do covarde.

Lembra que non é unha cuestión de estar de acordo ou non co que alguén di, pois como ben dixo Evelyn Beatrice Hall : ‘Estou en desacordo co que dis, pero defenderei ata a morte o teu dereito a dicilo.’

Se estás en contra de que encerren nunha cela a un ser humano por expresar as súas ideas e sentimentos, esperámoste o 13 e 14 de febreiro ás 19 ou 20h. Porque onte foron Lorca e Miguel Hernández, e hoxe son Valtonyc e Pablo Hasél.

Texto completo en: https://www.lahaine.org/convocatorias-alrededor-del-mundo-denunciaran