• Número 381
  • 12 de febreiro de 2018

Universidade

Reunións realizadas a pasada semana: Reunión da Xunta de Persoal e reunión da Xunta de Persoal coa Xerencia

12 de febreiro de 2018 | A pasada semana, o día 7, realizouse unha nova reunión da Xunta de Persoal para, esencialmente, preparar a reunión do día 8 convocada pola Xerencia coa finalidade de avanzar no estudo dos temarios da promoción de 2017. Pasamos a resumir o desenvolvemento de ámbalas dúas reunións..

Universidade

APA non abrirá o seu local no CUR este luns

12 de febreiro de 2018 | Ao coincidir o luns, día 12, coa festividade do entroido, a Alternativa de PAS Asemblearia (APA) non abrirá o local que se lle asignou no CUR. Lembrámosvos que estamos ao voso dispor nos teléfonos e lugares de traballo que deseguido vos sinalamos.

Universidade de Compostela

USC. Permisos, vacacións e licenzas 2018

12 de febreiro de 2018 | Para o voso coñecemento informámosvos de que a Xerencia da Universidade de Santiago de Compostela ven de publicar a Instrución I/2018 da Xerencia da Universidade de Santiago de Compostela relativa ao calendario de festas, vacacións, permisos e horario do persoal de administración e servizos para o ano 2018. Como vos sinalamos no PASquín anterior a proposta rexeitarase pola representación d@s traballador@s.

CUT - ALTERNATIVAS NA XUSTIZA

A folga indefinida na xustiza, un éxito

12 de febreiro de 2018 | Galiza está no terceiro día de folga dos funcionarios da Xustiza. Unha folga que paralizou os xulgados galegos e que abriu unha fenda moi importante entre a Xunta e os distintos sindicatos convocantes, sobre todo, despois de que estes denunciaran que “non hai vontade de negociación” por parte do Goberno galego. A resposta do seu presidente non se fixo agardar e este xoves criticaba duramente aos funcionarios de Xustiza por querer cobrar máis que o resto.

CUT. 8 DE MARZO, FOLGA FEMINISTA

A CUT convoca folga de 24 horas para o 8 de marzo

12 de febreiro de 2018 | A Secretaría das Mulleres da CUT rexistrou, o día 6 de febreiro, ante a Consellería de Traballo da Xunta de Galicia e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), un preaviso de folga de 24 horas para o vindeiro 8 de marzo, un rexistro co que arranca a convocatoria legal e formal dunha folga no noso país coa que se pretende recoller a demanda do movemento feminista, que reclamou do sindicalismo a cobertura precisa para efectuar un paro total, así como asumir como propias todas as reivindicacións das mulleres atravesadas por milleiros de violencias.

FOLGA NA XUSTIZA

"Non te cases, únete"

12 de febreiro de 2018 | Os traballadores da xustiza en Vigo que secundan a folga indefinida levaron as súas protestas ás vodas civís que se celebraron na mañá deste venres nos xulgados vigueses, onde, ao ritmo dos bombos, entoaron os cánticos "non cases, únete", e "vivan os noivos".

REPRESIÓN

A CUT reitera a súa solidariedade con Emilio Cao

12 de febreiro de 2018 | O vindeiro 19 de marzo vai ser xulgado en Madrid o veciño do Carballiño, Emilio David Cao Mota. O Ministerio Fiscal está a solicitar para este mozo a condena de cinco anos e oito meses de cárcere, en base á imputación de supostos delitos que Emilio xamais cometeu.

Stop-Desafiuzamentos

Resposta inadecuada e insuficiente do Goberno Español ao ditame das Nacións Unidas

12 de febreiro de 2018 | Varias organizacións lamentan a resposta do Goberno Español ante a condena e as recomendacións de Nacións Unidas por non garantir unha vivenda alternativa a unha familia desafiuzada

Galicia, Mellor Sen Touradas

Piden que os menores de 18 anos non participen en espectáculos taurinos de Galicia

12 de febreiro de 2018 | Galicia, Mellor Sen Touradas insta ao goberno galego a adoptar as recomendacións do Comité dos Dereitos do Neno da ONU que pide expresamente que os menores non participen en touradas.

SENTENZA TRIBUNAL SUPREMO

O Supremo reforza a estabilidade do indefinido non fixo e incrementa a súa indemnización en caso de cesamento

12 de febreiro de 2018 | Tralas tres sentenzas do Tribunal de Xustiza da Unión Europea de 14 de setembro de 2016, as cales puxeron en dúbida os mecanismos de contratación e cesamento do persoal na función pública española, existía expectación por coñecer cal ía ser a postura do Tribunal Supremo sobre estas cuestións, e se os pronunciamentos do Tribunal de Xustiza da UE ían supor un cambio xurisprudencial.

Persoal interino

A maior fraude laboral de España estala nos narices do Goberno

12 de febreiro de 2018 | As primeiras sentenzas xudiciais demostran que o goberno contratou en fraude de lei centenares de miles de interinos, que traballaron por períodos moito máis estendidos dos que marca a lei. E as responsabilidades non só afectan o goberno central senón tamén aos autonómicos e aos concellos de todo signo político.

LIBERDADES

Convocatorias arredor do mundo denunciarán a falta de liberdade de expresión no Estado español

12 de febreiro de 2018 | Impulsadas polas vítimas do actual xaque do goberno español á liberdade de expresión, a liberdade de información e a liberdade ideolóxica, convócanse distintas mobilizacións en varias cidades do Estado así como varias convocatorias internacionais, que levarán a cabo os próximos días 13 e 14 de febreiro.

ECOLOXÍA

A mina de Touro, unha 'bomba de reloxería' de por vida

12 de febreiro de 2018 | Resulta inverosímil, case ficcional, o poder que acumula a simple posibilidade do negocio, de facer diñeiro contante e sonante, aínda que se ensucie polo camiño. A pesar de que se mova por un vórtice carente de empatía e conciencia. Contaminante e sen límites, nin sequera o aire que respiramos, a terra que pisamos ou a auga que bebemos parece poñer freo ás súas andainas.

Redacción Médica

Europa suspende a España en listas de espera e medicamentos innovadores

12 de febreiro de 2018 | Un estudo precisa que a sanidade española ocupa o posto 18 entre os sistemas de saúde do vello continente. Esta análise apunta que a sanidade española suspende en tempos de espera para acceder a atención sanitaria, endémico talón de aquiles do SNS. Concretamente, no acceso aos especialistas, a cirurxías e diagnósticos baseados en tomografía axial computarizada.

NON + PRECARIEDADE

10 de febreiro, Xornada estatal de loita: NON + PRECARIEDADE

12 de febreiro de 2018 | O próximo 10 de febreiro desenvolvéronse mobilizacións e concentracións de protesta contra a precariedade nas súas distintas expresións sociais (laboral, habitacional, sanitaria, enerxética, educativa…) convocadas pola a Plataforma NON + PRECARIEDADE.

PENSIÓNS

O PP move ficha definitiva e pide a España que poña o diñeiro en empresas privadas se se quere cobrar pensións

12 de febreiro de 2018 | Mariano Rajoy, anunciou que esta mañá (9 de febreiro) o consello de ministros aprobará un decreto para incentivar os plans de pensión privados. Un goberno ao servizo da empresa privada, obediente con quen o puxo aí.

SOS Sanidade Pública

SOS Sanidade Pública convoca a súa coordinadora galega para avalaiar a situación

12 de febreiro de 2018 | A manifestación unitaria foi posible grazas ao apoio e colaboración dos partidos, organizacións veciñais, sindicatos, asociacións de enfermos, asociacións de profesionais da saúde, ONGs, concellos e deputacións gobernadas por forzas progresistas, etc.

CUT. 8 de marzo, folga feminista

8M: A esta folga chegamos camiñando!

12 de febreiro de 2018 | Este 8 de marzo estamos decididas a ser as irmás ás que non hai lume que as queime nin patrón que as domine. O movemento feminista internacional deu un golpe na mesa cunha convocatoria de folga de 24 horas no Día da Muller Traballadora e nós, como obreiras de traballos asalariados e/ou sen remunerar, feministas e sindicalistas, non podiamos deixalo pasar inadvertido.

Lingua - A Mesa Pola Normalización Lingüística

A Mesa apoia a proposta de Fala Ceibe para fomentar o galego no Bierzo

12 de febreiro de 2018 | Os entes locais do Bierzo, Consello Comarcal do Bierzo, concellos e pedanías, carecen de medios persoais, económicos e materiais. De aí a necesidade de unir esforzos administrativos entre a Xunta de Castela e León, Xunta de Galiza e Consello Comarcal Berciano nun convenio de colaboración para o fomento da lingua galega nos entes locais..

Folga feminista

E eu que teño que facer? O papel dos homes na folga do 8M

12 de febreiro de 2018 | Se son home e apoio a folga feminista do 8 de Marzo, que teño que facer exactamente? A pregunta sobrevoou a última parte do debate Que é unha folga feminista?, organizado polo Salto o 3 de febreiro, no que participaron oito mulleres do movemento feminista e máis de 150 persoas entre o público.

Colectivo Burbulla

Falemos de emprego e vivenda

12 de febreiro de 2018 | Hoxe pasamos revista aos datos de emprego completos de 2017 que, con algunha excepción, xa temos nas nosas mans e analizamos o balance deste últimos catro anos de suposta recuperación económica e do sistema laboral.

Opinión -Rodolfo Rieznik

Sen servizos públicos, prestacións sociais nin impostos progresivos non hai Estado do benestar

12 de febreiro de 2018 | O Goberno responde aos déficits públicos reducindo as prestacións sociais e nunca recuperando os ingresos. Así sucede coas pensións, coa sanidade, coa educación, coa dependencia, cos servizos básicos, coas vivendas sociais, mesmo coa cultura.

Videos