• Número 381
  • 12 de febreiro de 2018

Universidade

As vosas colaboracións. Cartas que recibimos

Agradecemos as vosas colaboracións. Se non nos implicamos tod@s, fracasaremos

Laboratorios

Xa levamos un retraso dun ano nas promocións, as que se terían que convocar no primeiro trimestre de 2017 estanse negociando no primeiro trimestre de 2018. A este paso, o persoal de laboratorio xubilarémonos sen promocionar.

 

C1

Xa comentei noutra ocasión a situación das promocións do C1 da escala xeral, naquel momento escribín sobre a falta de sensibilidade do tribunal ao retrasar, sen xustificación, máis que a desidia, a finalización do procedemento. Agora a culpa do retraso é da propia universidade que non envía os nomeamentos ao DOG. Non habería unha acción combinada entre a universidade e o tribunal coa finalidade de retrasar a nosa toma de posesión?