• Número 380
  • 05 de febreiro de 2018

USC - XUNTA DE PERSOAL

USC. Permisos, vacacións e licenzas 2018

Agora informámosvos da resposta que a Xunta de Persoal lle remitiu á Xerencia

Informamos nun anterior PASquín da proposta de Instrución da Xerencia da USC de Permisos, vacacións e licenzas 2018. Agora informámosvos da resposta que a Xunta de Persoal lle remitiu á Xerencia.

Sr. Xerente,

Ante a solicitude de Informe que nos remitiu relativo á Instrución da USC relativa ao calendario de festas, vacacións, permisos e horario do PAS para o ano 2018, 

a Xunta de Persoal, en reunión extraordinaria celebrada o día 31 de xaneiro de 2018,

ACORDOU

Que os seguintes puntos son imprescindibles para o Informe favorable da Xunta de Persoal:

• O retorno á xornada de 35 horas, 25 en período de xornada reducida, que estivo vixente na USC ata a Instrución do 2012.  Se non se acomete por limitación legais:

o Que se engada unha addenda á Instrución que garanta a volta a esta xornada no mesmo momento en que o permita a lexislación (sen agardar á negociación da seguinte)

o Que a xornada reducida quede en 27,5 horas, que sería a proporción correspondente á xornada ordinaria de 37, 5 horas.

• A supresión da bolsa de horas, máis aínda cando a xornada reducida proposta é de 30 horas (a mesma que teñen na administración autonómica pero sen bolsa de horas).

• A aplicación da flexibilidade horaria nos períodos de xornada reducida, como na Xunta,  de xeito que co acordo entre os traballadores dos respectivos servizos se poida organizar a prestación do servizo acumulando a redución na hora de entrada ou de saída.

• A devolución do 3º día de conciliación, como na Instrución de 2015: cando se recortaron a 2 días de conciliación nas Instrucións de 2016 e 2017, xustificouse en que se contemplaban 4 días de peche en nadal ( ou a coller en Semana Santa ou nadal onde non hai peche). Na Instrución para 2018 os días de peche volven ser 3, como no 2015, pero con un día menos que en 2015.

Por tanto, mentres na Instrución de festas, vacacións, permisos e horario non se contemplen estes puntos, o INFORME DA XUNTA DE PAS FUNCIONARIO É NEGATIVO.

Universidade de Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2018.

Xosefina Rosa Guitián Lema, 

Presidenta da Xunta de PAS Funcionario.

Locais sindicais

Ext. 48929,14344