• Número 380
  • 05 de febreiro de 2018

DESEMPREGO

Xaneiro, sube o paro

O paro sobe en 4.873 persoas en xaneiro en Galicia, un 2% por encima da media estatal

A pesar das boas cifras económicas que Consello tras Consello transmite a Xunta de Galicia, o certo é que o paro segue aumentando en Galicia. Así, o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) subiu en xaneiro en Galicia en 4.873 persoas respecto ao mes anterior (+2,63%), moi por encima da media estatal (+1,9%).

Ademais, a Seguridade Social perdeu en xaneiro unha media de 178.170 afiliados (-0,97%), algo máis que no mesmo mes de 2017, cando rexistrou 174.880 baixas, segundo informou este venres o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

A todo isto hai que engadir a precariedade do pouco emprego creado. Todo marcha sobre rodas para o capital que mes tras mes incrementa as súas ganancias a costa, como constatan as cifras, da nosa escravitude.