• Número 380
  • 05 de febreiro de 2018

Universidade

Resumo do Consello de Goberno do día 31 de xaneiro

05 de febreiro de 2018 | O pasado día 31 de xaneiro realizouse unha nova reunión do Consello de Goberno. O noso compromiso, aparte da participación activa na toma de decisións que afectan á institución, é o de ser os voceiros, o altofalante que transmita ao resto da comunidade universitaria as cuestións de interese para o colectivo.

Universidade

        

Promocións. Nomeamentos do grupo C1 da escala xeral

05 de febreiro de 2018 | Non entendemos o que está a suceder coa finalización do proceso da promoción do grupo C1 da escala xeral, ademais da súa prolongación no tempo (circunstancia que tamén é imputable ao proceso de promoción da escala de xestión grupo A2), atopámonos con que, unha vez publicadas as cualificacións definitivas o día 14 de novembro de 2017, a pesar dos sucesivos compromisos da Xerencia en que se enviarían ao DOG os nomeamentos, temos constancia de que o venres, día 2 de febreiro, aínda non se dera orde para a súa remisión.

Universidade

APA abrirá o seu local no CUR este luns de 19 a 21 horas

05 de febreiro de 2018 | Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

CUT - USC

A limpeza da USC acorda loitar tamén contra a xestión deste servizo por empresas privadas

05 de febreiro de 2018 | Hai uns días eran as traballadoras da limpeza do CHUS, o hospital público de Compostela, as que se concentraban fronte a Xunta de Galicia para esixir o rescate deste servizo esencial, que leva anos subcontratándose a empresas de amiguetes dos poderosos que fan o agosto a costa dos recortes das condicións laborais e salariais das compañeiras que poñen o corpo para manter as instalacións de todos e todas impecables.

USC - XUNTA DE PERSOAL

USC. Permisos, vacacións e licenzas 2018

05 de febreiro de 2018 | Informamos nun anterior PASquín da proposta de Instrución da Xerencia da USC de Permisos, vacacións e licenzas 2018. Agora informámosvos da resposta que a Xunta de Persoal lle remitiu á Xerencia.

Sentenza - Andalucía

O TS abre a porta á «funcionarización» de miles de traballadores da Xunta

05 de febreiro de 2018 | Dita que a relación laboral de interinos será indefinida se ocupa unha praza sen adxudicar tres anos. Sanidade e educación copan as contratacións de persoal temporal estrutural

CUT - ALTERNATIVAS NA XUSTIZA

O conflito da xustiza endurécese

05 de febreiro de 2018 | O conflito que manteñen os funcionarios de Xustiza e a Xunta endurécese despois do peche e posterior desaloxo dos membros do comité de folga na sede da Dirección Xeral de Xustiza. A folga, con carácter indefinido, a partir do sete deste mes é un feito. Sindicatos e Xunta reuniranse mañá para negociar os servizos mínimos.

REPRESIÓN NA UNIVERSIDADE - ENTREVISTA

Jordi Gassiot: «no caso 'dos 27 e máis’ usan a técnica kafkiana do proceso como castigo»

05 de febreiro de 2018 | Jordi Gassiot Pintori ( Koki) é membro do Persoal de Administración e Servizos () da Universitat Autònoma de Barcelona ( UAB). A fiscalía pídelle 11 anos de prisión e unha multa. Xunto con el, estudantes e 1 profesor afrontan peticións penais que xuntas superan 300 anos. O caso de Jordi, máis coñecido como Koki, ten características especiais.

ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

O Supremo anula a xornada semanal de 35 horas dos funcionarios vascos

05 de febreiro de 2018 | O Tribunal Supremo confirmou a anulación do decreto ditado en 2016 polo Goberno vasco que reducía a 35 horas semanais a xornada laboral dos seus funcionarios ao considerar que a Administración autonómica ten que "respectar os límites establecidos" para o resto do conxunto estatal.

OFICINA DE DEREITOS SOCIAIS - COIA

Guía da Alianza contra a Pobreza Enerxética

05 de febreiro de 2018 | A finais de febreiro, na finde do 23-24-25, estará con nós María Campuzano. María participa na Alianza contra a Pobreza Enerxética e pertence ademais a Enxeñería Sen Fronteiras. Estará en Vigo para nos falar das loitas que argallan en Catalunya co obxectivo de que as subministracións básicas (luz-auga-gas) sexan un dereito de todas.

CUT - PSA

PSA: “O traballo faravos libres (como en Auschwitz) porque ricos vai ser que non”

05 de febreiro de 2018 | O tempo viu a demostrar que todos os argumentos expostos pola patronal e defendidos por algúns sindicatos eran falsos, só tiñan a intención de meternos o medo no corpo para seguir asfixiándonos, e non van parar ata que deixemos de respirar.

DESEMPREGO

Xaneiro, sube o paro

05 de febreiro de 2018 | A pesar das boas cifras económicas que Consello tras Consello transmite a Xunta de Galicia, o certo é que o paro segue aumentando en Galicia. Así, o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) subiu en xaneiro en Galicia en 4.873 persoas respecto ao mes anterior (+2,63%), por encima da media estatal (+1,9%).

ADEGA

Os ´campionatos´de caza de raposo: un absurdo e cruento anacronismo

05 de febreiro de 2018 | Xa hai 13 anos que comezaron en Galicia os campionatos do raposo. O próximo celebrarase o 3 de febreiro, a IX Copa España de Caza de Raposo, en montes de Cotobade (que sufriu a vaga de lumes de outubro), Cerdedo e Forcarei. Trátase de celebracións nas que se premia á cuadrilla que logra matar o maior número de raposos.

Legal - Sector público

A xustiza europea a favor da readmisión de interinos se hai despedimento ilegal

05 de febreiro de 2018 | Os traballadores temporais do sector público que foron despedidos de maneira ilegal deben poder elixir ser readmitidos no canto da correspondente indemnización, segundo as recentes conclusións nun asunto español da avogada xeral do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE).

NEOLIBERALISMO

A destrución da Universidade francesa: segundo acto

05 de febreiro de 2018 | Macron impón a marchas forzadas un sistema opaco de acceso ao ensino superior que pon en cuestión a igualdade de oportunidades para os estudantes de bacharelato.

LIBERDADES

Pablo Hasel declarou na AN deixando clara a súa militancia comunista e que non renuncia ás súas ideas

05 de febreiro de 2018 | “A ver se encima vou ser eu o culpable de que o Rei pida diñeiro público para irse de caza ou pida diñeiro público para pagar o silencio das súas amantes, como Bárbara Rei. Se hai que pedir prisión para cada medio que contase isto, non habería cárceres”

SOS Sanidade Pública

Entrevista a Xosé María Deus, portavoz de SOS Sanidade Pública

05 de febreiro de 2018 | 'O problema da sanidade pública galega non é de funcionamento senón de desmantelamento', di Xosé María Deus, portavoz de SOS Sanidade Pública, nunha entrevita realizada por Miguel Pardo - Explica os motivos que levaron á plataforma a convocar unha gran manifestación contra a nova lei de saúde da Xunta - Mobilización nacional que se celebrará en Santiago de Compostela o domingo 4 de febreiro ás 12 do mediodía na Alameda

8 de marzo, folga feminista

Chamamento ás mulleres galegas. 8M 2018 Paramos Galiza!!

05 de febreiro de 2018 | As mulleres da Coordenadora galega da Marcha Mundial das Mulleres chamamos a secundar na Galiza o paro internacional de mulleres iniciado polas nosas irmás latinoamericanas no 2017 reclamando un mundo sen violencia e o dereito a vivirmos unhas vidas libres nun mundo máis xusto.

Lingua - A Mesa Pola Normalización Lingüística

A Mesa e a AGAL lanzan a campaña “Nós feiramos de segunda a sexta” polos días tradicionais

05 de febreiro de 2018 | A Mesa pola Normalización Lingüística / PGL / A Associaçom Galega da Língua (AGAL), xunto coa Fundación Vía Galego, desenvolverán, ao longo do ano 2018, unha campaña para promover os días da semana tradicionais: domingo, segunda feira, terza feira, cuarta feira, quinta feira, sexta feira e sábado.

MONTAXES POLICIAIS

Fin ao fantasma do terrorismo anarquista

05 de febreiro de 2018 | A Audiencia Nacional arquiva a causa da Operación Piñata, a cal se saldou con quince detencións e cinco persoas encarceradas. Finalmente, as teses policiais respecto ao terrorismo anarquista non atoparon a súa acollida nos tribunais.

Movemento veciñal

“Con vontade política pódense facer cousas, pero hai que tela”

05 de febreiro de 2018 | Falamos con Pilar Santiago, unha das figuras máis visíbeis do conflito que por volta de case tres décadas, e con especial intensidade nos últimos seis anos, enfronta ás veciñas do barrio coruñés de San Vicente de Elviña, con Xunta, Concello e intereses privados polo proxecto urbanístico do Parque ofimático.

Opinión -Juan Carlos Arias

CCOO e UGT aceptan unha das esixencias históricas da patronal

05 de febreiro de 2018 | A pesar do crecemento económico do 3% e a desvalorización do 10% de media dos salarios, as direccións de CC.OO e UGT pretenden acordar coas patronais subidas mínimas vinculadas á produtividade.

Videos