• Número 380
  • 05 de febreiro de 2018

Universidade

Promocións. Nomeamentos do grupo C1 da escala xera

Como sinalamos non atopamos xustificación para este retraso

Non entendemos o que está a suceder coa finalización do proceso da promoción do grupo C1 da escala xeral, ademais da súa prolongación no tempo (circunstancia que tamén é imputable ao proceso de promoción da escala de xestión grupo A2), atopámonos con que, unha vez publicadas as cualificacións definitivas o día 14 de novembro de 2017, a pesar dos sucesivos compromisos da Xerencia en que se enviarían ao DOG os nomeamentos, temos constancia de que o venres, día 2 de febreiro, aínda non se dera orde para a súa remisión.

Como sinalamos non atopamos xustificación para este retraso. Denunciamos o incumprimento por parte da Xerencia e de xeito reiterado dos compromisos adquiridos á hora de darlle punto e final a este proceso de promoción.

O dano para as compañeiras e compañeiros que superaron o proceso increméntase cada día que pasa. Consideramos intolerable a actuación institucional.