Xullo de 2010
 
 

05/07/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Medio millón de traballadores foron despedidos en 2009 sen motivo

 

 

Segundo o presidente do Consello Económico e Social esta situación produciuse pola existencia dun "tecido empresarial fráxil"

 


 

 

·         Rajoy propón simplificar o despedimento e limitar o gasto público por lei

·         "As subvencións ao despedimento custarían 800 millóns ata 2015"

·         "Hai que abaratar o despedimento para crear emprego indefinido"

·         O Goberno pagará 8 días de despedimento de todos os contratos

·         O despedimento poderá ser procedente en empresas con 6 meses de perdas

 

Medio millón de traballadores foron despedidos en 2009 en España sen que o empresario aducise causa nin motivo ningún, segundo afirmou este luns no Foro da Nova Sociedade o presidente do Consello Económico e Social (CES), Marcos Pena. O CES é un órgano colsultivo do Goberno.

Durante a súa intervención no citado acto, organizado en Madrid por Nova Economía Fórum, Peña explicou que esta situación se produciu pola existencia en España dun "tecido empresarial fráxil".

Na súa opinión, esta fraxilidade débese a que existen máis dun millón de empresas con menos de cinco traballadores e só unhas 4.500 que teñen máis de 250 empregados.

Así mesmo, o presidente do CES engadiu que a crise tamén está a ter uns efectos sobre o emprego "desvastadores" e advertiu de que a recuperación será "lenta e non exenta de riscos".

Neste sentido, agregou que se España non fai as reformas que son necesarias, "os riscos de retroceso" na saída da crise "son moi grandes".

Non obstante, Peña mostrouse optimista e asegurou que o país "sairá desta". "Temos os vimbios necesarios para transitar por esta liña tan complicada", dixo.

Tamén subliñou que a formación actual dos traballadores é mellor que nunca. "Xamais houbo xeracións mellor formadas que as que hai agora", defendeu.

Non descartou unha hipotética subida do imposto sobre as SICAV (Sociedades de Inversión Colectiva de Capital Variable) si as medidas de axuste de déficit público "son insuficientes".

RESUMO:

Despídennos sen motivo, pagamos o seu déficit baixándonos o salario, pero iso sí, se non chega subiránlles algo os impostos aos ricos. Como vedes todas as medidas moi "socialistas"

 



 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript