Estas dúas noticias deberían
levarnos a unha certa euforia, a luz comeza a
aparecer ao final do túnel.
Unha análise
das noticias fannos ver ao diferente ritmo que
van as dúas cousas.
Por
un lado a industria “Encadea un trimestre con
alzas descoñecidas desde 2007 polas
exportacións” (debería vir acompañada, polo
tanto, do incremento de emprego estable na
industria).
De
feito, o valor engadido bruto (VAB), que mide a
actividade produtiva, creceu un 2,6% nos tres
primeiros meses deste ano, fronte ao retroceso
do 12,5% contabilizado no mesmo período do
exercicio precedente. "Esta incipiente
recuperación da actividade das empresas non veu
acompañada dunha melloría do emprego, que
continuou descendendo, nin do investimento
empresarial", di o Banco de España.
Por
outro lado a análise do incremento do emprego
tan celebrado non deixa de ter un carácter
absolutamente estacionario (incrementa
esencialmente no sector servizos).
Tamén
hai un intento de vencellar o descenso do paro
coa reforma laboral. Que se aclaren!:
A
reforma laboral non ía propiciar o incremento
de emprego fixo?. O emprego que se crea, até
agora e segundo as nosas apreciacións se
seguirá a crear, é emprego máis precario ca o
que existía antes da reforma, e cunha duración
temporal acorde coa estación na que nos
atopamos. Ulo a calidade e estabilidade no
emprego?.
Mentres
que medran (un 11,64%) os contratos eventuais,
os contratos indefinidos redúcense respecto a
maio nun 8,78%. Chegamos ao punto de que a
contratación indefinida só representa o 7,6% da
total realizada en xuño.
O
número de desempregados rexistrados nas
oficinas dos servizos públicos de emprego en
Galicia descenderon, tamén, en 8.682 persoas no
mes de xuño respecto ao mes de maio, que
porcentualmente representa unha redución do 3,8
por cento.
As
cifras de persoas no paro seguen amosando
aumentos nas taxas interanuais, de modo que, en
Galicia o número de persoas en busca dun posto
de traballo aumentou en 19.585 entre xuño do
2009 e o mesmo mes deste ano, o que supón un
aumento do 9,78 por cento.
Para que, de verdade, se cree e se consolide o
emprego fai falla un cambio de modelo produtivo
que vaia en contra da precariedade que supón a
temporalidade e que, de verdade, estableza a
obrigatoriedade de crear emprego fixo.