Xullo de 2010
 
 

05/07/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

A suba do IVE

 

 

"A suba do IVE non é unha medida improvisada nin repentina, non vai afectar a produtos básicos, e estamos a falar de tan só uns céntimos. " -Leire Pajín, secretaria de Organización do PSOE

 


 

 

O  Goberno e o partido que o sustenta non teñen argumentos para xustificar o impoñernos un imposto que, ademais de ser impopular, é inmensamente antidemocrático. Intentan facernos crer que non é nada, que son uns céntimos, que non nos imos enterar.

Non obstante calcúlase que o custo anual, por familia, desta medida será duns 354€ (arredor de 30€ ao mes), unha cantidade importante dada a situación económica de moitas familias.

 

Estes lacaios do capital, despois de recortar salarios na administración pública, atentar contra o emprego e a protección do desemprego, a través da súa contrarreforma do mercado laboral, aplican agora un sistema de imposto indirecto, IVE, que non só pagan os ricos senón cada asalariado pobrete en cada un dos seus actos de consumo, por moito que a señora De la Vega diga que non se paga cando se consume senón cando se factura, (isto é coma se directamente nos quitasen eses cartos do salario). Esta tía é tan parva que cre que creremos que cando compremos unha leituga non nos van repercutir o IVE? De momento, a metade das grandes superficies farao. Pero aínda máis, a suba do IVE prodúcese no contexto doutras subas (tabaco, electricidade, combustibles....) e ademais estimulará a picaresca do pequeno comerciante que, como cando entrou o EURO, redondeou como lle saíu dos windows.


Cuns salarios de miseria, subas de produtos básicos que volven a repuntar nos seus prezos, incremento do IVE e demais, o consumo vai experimentar outra recaída. Moi intelixente medida.


Iso si, de tocar as SICAV, volver aos impostos de transmisións patrimoniais, gravar os beneficios empresariais (as grandes corporacións -Santander, Telefónica, Endesa e BBVA- durante o primeiro trimestre do ano obtiveron un beneficio superior a todo o aforro previsto para este ano co axuste anunciado polo Goberno español) nada de nada.


Dáme no nariz que a pesar da domesticación sindical, a mentalidade de crebafolgas dos afectados pola Folga de Metro e a actitude pasiva do traballador, estimulada pola inactividade dos sindicatos maioritarios que xa terían que ter convocadas máis dunha folga xeral, están a tirar tanto da corda que a Folga Xeral do 29-S si que vai ser salvaxe. Tan salvaxe, polo menos, como as medidas antisociais deste goberno reaccionario

 

 

 

 



 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript