Xullo de 2010
 
 

05/07/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Outra medida socialista contra o paro: suprimen 10.600 empregos públicos ata 2013

 

 

Esta medida enmárcase dentro do plan de "austeridade" para traballadores e traballadoras esixido por Bruxelas e cumprido rigorosamente polo estado español.

 


 

 

O Goberno informou que se eliminarán arredor de 10.600 postos de traballo na Administración Xeral do Estado (AXE), o cal equivale á redución de ata o 3% das vacantes da AXE.

Esta medida enmárcase dentro do plan austeridade esixido por Bruxelas e cumprido rigorosamente polo estado español.

A medida afectará a departamentos, organismos, entidades xestoras e servizos comúns da Administración do Estado, Seguridade Social, Axencias Estatais, entes públicos e entidades públicas empresariais.

Segundo María Teresa Fernández de la Vega, unha vez que sexa posta en práctica esta medida, quedarán suprimidos uns 16.000 postos de traballo na Función Pública.

Segundo Axencias, de la Vega, declarou que isto "evitará que se produzan "desviacións á alza" das masas salariais dos funcionarios".

Moitos dos xornais do Estado español presentan a noticia deste xeito: "O Goberno aforrará 250 millóns de euros ao reducir 10.600 empregos de funcionarios".

 

 

 



 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript