05/07/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
A Fundación CYD, presidida por Ana Patricia Botín, e que conta
cunha destacada presenza do sector empresarial no seu padroado, elaborou por sexto ano consecutivo o Informe CYD:
“La contribución de las universidades españolas al desarrollo”.
O informe volve a incidir nos vellos temas xa
rexeitados polo noso sindicato por
antidemocráticos e contrarios a unha
universidade pública e plural.
En concreto no que se refire á gobernanza urxe
a súa aplicación
reclama para
ela importantes iniciativas de renovación e de
mellora.
Indica, tamén, que apenas se realizaron avances
significativos na gobernanza durante as dúas
últimas décadas, e isto sitúa ao sistema
universitario español en desvantaxe respecto a
outros
países europeos.
Para paliar a situación, proponse afrontar unha
serie de reformas na liña de incorporar algúns
dos elementos que configuran o modelo
universitario anglosaxón, co obxectivo de
promover o seu desenvolvemento cara a un modelo
de maior profesionalización e independencia. De
xeito xenérico, reivindícase un maior
protagonismo dos órganos individuais fronte aos
colectivos e, en estes últimos, unha maior
presenza dos representantes externos á
universidade.
O
Informe conclúe que estas reformas resultan
indispensables para transformar a universidade
pública española nun potente motor de
desenvolvemento capaz de contribuír, dentro dos
seus correspondentes territorios de referencia,
a a saída da crise económica global.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript