05/07/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Os días 28 e 29 fixemos asembleas en Ferrol e Coruña, decidíndose por unha abrumadora maioría rexeitar o proxecto de RPT presentado. Iniciamos, agora, o camiño para reconducir a negociación e concluír nunha RPT que poida ser acordada por todos/as.
Tamén se tomou a decisión, practicamente unánime, de denunciar á Universidade por incumprimento de Convenio ao rebaixar o salario o 5%, rexeitouse a posibilidade de iniciar negociación colectiva para que o desconto fose progresivo.
Como vos
comentamos con anterioridade comezamos a
negociación con varios criterios que considerábamos
importantes:
Unha grande
parte destes ·”principios” aceptáronse, en
primeira instancia pola Xerencia. Así a
execución da Transitoria, consolidación dos
contratos derivados de acumulación de tarefas e
remate das ETT’s contemplábanse nos primeiros
borradores.
O proceso
seguiu introducindo novos postos de traballo
que ámbalas partes entendiamos necesarios.
Chegou o momento en que a se considerou que
había que limitar os postos introducidos porque
superaba o orzamento destinado para esa
finalidade. O Comité de Empresa considerouse
incapaz de efectuar ese recorte porque entendeu
sempre que os postos que propoñía eran
necesarios requirindo á Xerencia que cortase
por onde considerase conveniente para levar o
resultado á asemblea.
Cando se nos
presentaron os recortes os “principios” que
antes vos dixemos que compartiamos ambas partes
desapareceron do papel (comezamos a ver a
realidade da posible RPT). Aínda así quedamos
en reunirnos de novo para darlle un último
repaso á proposta.
Na última das
reunións presentouse unha alternativa
diferente, pasou de ser unha RPT condicionada
polo orzamento a estar limitada polo número de
prazas que se cifraba en 38, comezou unha feira
de cambios que concluíron na proposta que se
presentou á análise das asembleas.
Reiteramos o
que vos dixemos no anterior comunicado:
Nas asembleas
tiñamos que decidir sobre un proxecto de RPT
que nin a CUT, nin o Comité de Empresa informou
favorablemente, non hai preacordo coa UDC.
A pesar de non
gustarnos, de aí que non se chegase a
preacordar, entendiamos que as asembleas
deberían pronunciarse porque había moito en
xogo, sobre todo a Transitoria II, que como vos
dixemos nas asembleas foi a cenoria que nos
mantivo sentados todo este tempo na mesa de
negociación.
Os días 28 e
29, en Ferrol e Coruña respectivamente fixemos
asambleas para coñecer o sentir do colectivo
sobre dous asuntos de capital importancia para
o devir próximo.
Sobre a RPT
(proposta
de RPT) cun resultado na votación:
|
|
Votos a favor
|
Votos en contra |
Abstencións |
|
Ferrol |
0 |
11 |
4 |
|
A Coruña |
4 |
26 |
16 |
|
Total |
4 |
37 |
20 |
Respecto de
emprender accións legais contra o recorte
salarial
(renunciando a negociar unha aplicación
progresiva):
|
|
Votos a favor
|
Votos en contra |
Abstencións |
|
Ferrol |
13 |
0 |
0 |
|
A Coruña |
45 |
0 |
2 |
|
Total |
58 |
0 |
2 |
Tomouse esta
decisión en base, sobre todo, a que, iniciar
negociación colectiva lexitimaría o desconto
impedindo a posterior denuncia, entende o
Comité, e así llo fixo chegar á asemblea, que o
incumprimento do Convenio Colectivo representa
unha ilegalidade susceptible de ser denunciada,
cousa que se procederá a facer.
Nas asembleas
tamén
se manifestou o profundo malestar do
colectivo:
Despois das
asembleas:
O Comité de
Empresa, reuniuse o día 01/07/2010 tomando a
decisión de dirixirse ao Reitor para intentar
desbloquear a negociación da RPT.
Sobre a
denuncia da redución do salario o Comité de
Empresa (que, como tal, non ten avogado)
dirixiuse a CCOO para intentar presentar a
demanda, a resposta foi que CCOO vai presentar
unha demanda propia dándonos a posibilidade,
como Comité, de adherirnos, esta circunstancia
analizámola como prexudicial porque non permite
a dirección do proceso (quedando condicionado
ao que o sindicato decida). Estamos buscando un
avogado que nos represente.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript