• Número 379
  • 30 de xaneiro de 2018

Universidade

Reunión Xerencia-Xunta de Persoal o día 22 de xaneiro. Resumo

30 de xaneiro de 2018 | Como vos sinalamos no anterior PASquín o pasado luns, día 22, realizouse unha reunión coa Xerencia para, como tema principal da reunión, botar a andar o grupo de traballo de conciliación e acción social que non se chegara nin sequera a constituír debido á baixa do xerente. Na reunión acompañaron ao xerente, o vicexerente de Ferrol, a xefa do Servizo de Persoal e María José Prol. Na parte social a novidade foi a presenza da representante de CCOO Alicia M.ª Cantarero en substitución, por cese, de Juan Manuel Pernas.

Universidade

O vindeiro día 31, reunión do Consello de Goberno

30 de xaneiro de 2018 | O día 31 de xaneiro realizarase unha nova reunión do Consello de Goberno. Coma sempre estaremos presentes na sesión para transmitirlle a toda a comunidade universitaria as cuestións relevantes para o colectivo.

Orde do día

Universidade

A voltas co correo electrónico

30 de xaneiro de 2018 | Está claro que a Universidade quere “racionalizar” a permanencia no servizo de correo electrónico institucional das persoas que se xubilan. Na páxina da área de traballo do Servizo de Informática o propio reitor comunica que no vindeiro Consello de Goberno, do día 31, se transmitirá a seguinte información.

Universidade

APA abrirá o seu local no CUR o luns, día 5 de febreiro, de 19 a 21 horas

30 de xaneiro de 2018 | Debido á festividade deste luns, día 29, a Alternativa de PAS Asemblearia non abriremos o local que se nos asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR). O vindeiro luns, día 5 de febreiro, abriremos de novo.

LEXISLACIÓN

LEI 2/2015, do emprego público. Modificacións

30 de xaneiro de 2018 | Os lexisladores, neste caso o goberno da Xunta de Galiza recorren sistematicamente á modificación de leis mediante a aprobación de outras, así na que se denomina Lei de acompañamento aos Orzamentos, oficialmente Lei de medidas fiscais e administrativas a Lei 2/2015 do Emprego Público de Galicia, desde o momento da súa aprobación, tivo as seguintes modificacións:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

As Carteleiras, a institucionalización da escravitude

30 de xaneiro de 2018 | Coa finalidade de analizar as Carteleiras nas que se contemplan as quendas de traballo para o ano 2018, o pasado día 18 de xaneiro realizouse unha reunión entre, a delegada territorial da Consellería que, neste caso, estaba acompañada polas direccións das residencias de maiores Torrente Ballester, A Proba do Caramiñal, Carballo, Porta do Camiño, Volta do Castro, Oleiros, Ferrol, o CAPD A Coruña e os centros de menores San José de Calasanz e Ferrol I. Por outra banda os sindicatos integrantes do Comité de Empresa Provincial da Coruña da Consellería de Política Social.

CUT - Alternativas na Xustiza

Aquí está, aquí se ve, a xustiza galega en pé

30 de xaneiro de 2018 | Dous meses de negociación non achandaron en absoluto o terreo entre os sindicatos da Xustiza e a Xunta. É máis, as posturas cada vez parecen máis distantes e o acordo antóllase máis afastado ante o horizonte inminente do 7 de febreiro, data da próxima folga que os sindicatos ameazan con facer esta vez indefinida, o que suporía a absoluta paralización dos xulgados galegos.

Administración Pública

Incremento salarial d@s empregad@s públic@s

30 de xaneiro de 2018 | Estes días Montoro está a recibir @s representantes dos sindicatos maioritarios para intentar aplacar o amplo descontento dun numeroso colectivo ao que politicamente interesa calmar cara as vindeiras eleccións municipais. Aos sindicatos maioritarios ofrécelles as migallas da “recuperación económica” para garantir a paz social.

SOS SANIDADE PÚBLICA

SOS Sanidade Pública convoca manifestación nacional o vindeiro 4 de febreiro

30 de xaneiro de 2018 | Baixo o lema “Para defender a nosa sanidade pública. Non a esta lei de saúde”, a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia convoca manifestación nacional o domingo 4 de febreiro ás 12 da mañá con saída da Alameda de Compostela.

Verdegaia

No corazón unha árbore: amadriña bosque autóctono

30 de xaneiro de 2018 | Verdegaia vén de dar o seu apoio á Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Froxán e á Sociedade Coluna Sanfins para un proxecto de micromecenado ("crowdfunding") que ten por obxectivo restaurar 10 hectares de monte dominadas por eucalipto recuperando as masas de frondosas autóctonas.

Foro Galego de Inmigración

Campaña contra a exclusión da RISGA das persoas migrantes en situación de irregularidade administrativa

30 de xaneiro de 2018 | O Foro Galego de Inmigración, reunido esta fin de semana en Ferrol, entre outras resolucións, acordou promover un Encontro Aberto dos movementos sociais para artellar unha acción conxunta que formule as modificacións precisas do anteproxecto que desenvolve e regula a Lei de Inclusión Social que integra a Risga, para que entre outras cousas, esta contemple o acceso á mesma das persoas en situación de irregularidade administrativa.

Loita social

Os plenos de Rianxo, Cambados e A Illa piden por unanimidade a paralización da Mina de Touro

30 de xaneiro de 2018 | Os plenos municipais de Rianxo, Cambados e A Illa de Arousa aprobaron este xoves por unanimidade unha moción, impulsada pola Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA) que lle demanda á Xunta que paralice o criticado proxecto mineiro de Touro.

Xunta de Galiza

Convenios coas universidades

30 de xaneiro de 2018 | Na rolda de prensa posterior á reunión semanal do seu goberno, Feijóo deu información sobre os convenios subscritos coas universidades do sistema universitario de Galicia (SUG) no segundo semestre de 2017 e que significou unha achega económica da Administración autonómica dun total de 4.210.086,09 euros. Concretamente, asináronse 44 convenios nese período.

Sanidade Pública

Médicos advirten de que se espera "outro pico de gripe" que volverá provocar colapsos

30 de xaneiro de 2018 | A plataforma de sindicatos médicos CESM-O'Mega advertiu este luns de que, segundo os expertos, "o pico da gripe aínda non chegou", polo que reclama máis persoal sanitario e recursos para evitar colapsos nos diferentes niveis asistenciais.

8 de marzo, folga feminista

"Queremos que a folga do 8 de marzo sexa un punto de inflexión"

30 de xaneiro de 2018 | Este 8 de marzo será diferente. Aos tradicionais actos que conmemoran o Día da Muller Traballadora, máis ou menos festivos ou reivindicativos, unirase nesta ocasión a convocatoria dunha folga xeral feminista, de ámbito internacional.

Homofobia - transfobia

Elósegui pide ver que di "a ciencia e a medicina" sobre a homosexualidade e a transexualidade

30 de xaneiro de 2018 | Após do anuncio de que sería a primeira muller española en facer parte do Tribunal de Dereitos Humanos, axiña xurdiu a polémica polos seus comentarios discriminatorios.

Centro Social A Comuna

Se tocan un (Centro Social), tócannos a todos!

30 de xaneiro de 2018 | Para nós a Insumisa é como unha irmá. Ambas nacemos como centros sociais na mesma cidade, con apenas un ano de diferenza e dun caldo de cultivo compartido. Somos espazos abertos á participación, a asemblea é o noso cerebro e a autoxestión compón o noso sistema nervioso: formas de corresponsabilidade colectiva sobre o que se fai nestes espazos, sen xerarquías de ningún tipo.

Lingua

Estudantes de português em Estremadura, 6.049; na Galiza, 2.149

30 de xaneiro de 2018 | O alvo da iniciativa era dar cumprimento ao disposto na ILP Paz Andrade, aprovada no seu dia por unanimidade. Isso é o que levou Olalla Rodil (BNG) a formular uma proposição não de lei na comissão de Educação e Cultura do Parlamento. Debateu-se esta quinta feira. Rodil lembrou a "obriga" -a ILP é já lei- que vincula a administração e que tem de resultar na incorporação "de maneira progressiva" da aprendizagem do português no ensino regrado..

Desemprego

Emprego desoe a xurisprudencia e castiga o ingreso puntual dunha persoa en paro coa perda da prestación

30 de xaneiro de 2018 | A xurisprudencia leva uns anos deixando claro que non se pode penalizar coa retirada da prestación de desemprego a unha persoa por non declarar esta un ingreso puntual ou mínimo obtido mentres é beneficiaria desa prestación.

Medios comunitarios

A inesgotable fortaleza das ondas comunitarias

30 de xaneiro de 2018 | Os campus universitarios da Coruña constitúen unha cidade á marxe dentro do propio municipio. Dous escenarios intimamente conectados que ferven de actividade durante as principais horas do día. Calquera contido de estudo e calquera tema de conversa atopan sitio nas cafeterías, parques, paradas de transporte público, bibliotecas e diversos puntos das facultades.

Opinión -Xavier Caño Tamayo

O crecemento da economía en España oculta que un terzo da cidadanía vive en risco de exclusión social

30 de xaneiro de 2018 | Os datos do último informe de Oxfam Intermón desvelan o que moitos colectivos sociais levan anos denunciando: a desigualdade en España non para de crecer pese ao crecemento económico

Videos